Reunión de UNIMINHO en Valença
Viernes 20 de Enero de 2006
O pasado martes 17 de xaneiro tivo lugar na sua sede de Valença, unha reunión para a elaboracíón do Plan estratéxico para UNIMINHO, entidade de cooperación transfronteriza constituida o pasado 4 de Novembro de 2005.
Este Plan ten un doble obxectivo: En primeiro lugar profundizar nas labores de cooperación entre os municipios transfronteirizos, buscando proxectos e servicios concretos que poidan ser impulsados dende esta nova institución. O segundo obxectivo principal é potenciar o desenvolvemento económico e social do espazo transfronteirizo bañado polo río Miño, dende unha perspectiva territorial e que apoie un modelo de desenvolvimento sostible para a comunidade de un e outro lado da fronteira.
Nestes momentos encontrase realizando a fase de análisise da situación actual do territorio, para o que contamos coa Escuela de Administraciones Públicas de Caixanova, entidade de reconocido prestixio en traballos de planificación estratéxica e que recentemente colaborou con nós na elaboración do Plan estratéxico da provincia de Pontevedra 2010. Para tal efecto sleccionouse a unha serie de expertos en cada sector que tratarán de atopar conclusións en paneles de cada unha das áreas tratadas.
Os temas tratados neste panel de traballo foron:
- Diagnóstico dos principáis problemas da xestión turística do espazo transfronteirizo Vale do Minho(Potencialidadesm oportunidades, desafíos, debilidades, barreiras, dificultades e riscos)
Entre as propostas de proxectos para ser desenrolados desde UNIMINHO están:
- A administración electrónica.
- As infraestructuras.
- A sociedade electrónica e do coñecemento.
- A economía electrónica e do coñecemento.
Participantes no Panel de Sociedade da Información do Proxecto Uniminho.
Galegos:
- Ramón Basanta Cheda: Xefe de Departamento Centro de Competencias en Comercio Electrónico.
- Francisca Canal Gómez: Deputada Provincial, Deputación de Pontevedra.
- Fernando Coello: Xerente de Índice Comunicación y Diseño.
- Miguel Costas Seijo: Coordinador Observatorio de Tic.
- Salvador González Solla Alcalde do Concello de Ponteareas.
- Joaquín Lede Martínez: Coordinador do Proxecto Uniminho da Deputación de Pontevedra.
- Luis Moreno Diéguez: Director de CTAG: Centro Tecnolóxico de Automoción de galicia.
- Diego Nieto Caride: Analistado centro de Competencias en Comercio Electrónico.
- José Ramón Ojea Vidal: Director de Servizos Avanzados da Zona Franca de Vigo.
- José Ramón Pais Curto: Presidente de Eganet: Empresas Galegas Adicadas a Internet.
- Juan Luis Ruiz Buján: Responsable da Autopista Galega da Información (AGI).
Redactado por Redacción el
Viernes 20 de Enero de 2006