| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Recollida de firmas da asociación 'ábaco'Viernes 3 de Febrero de 2006
Con esta recollida de firmas comprobouse o malestar xeral da poboación de A Guarda ao non estar informada do comezo das obras, previsto para este luns, nin das decisións adoptadas polo concello. Non se coñecen aínda as vías alternativas de subida e baixada ao porto nin a duración destas. Esta iniciativa foi tomada despois de que esta asociación solicitase o aprazamento de ditas obras ata coñecer o proxecto definitivo que se vai levar a cabo. Anteriormente, xa reclamamos información do plan de execución das mesmas, pero non obtivemos resposta. O día 30 de xaneiro, por medio dun comunicado do alcalde de A Guarda, sábemos que a obra está pendente de modificación por parte da Deputación de Pontevedra e non se informou aínda da súa resolución. O día siguiente fontes alleas ao concello sóubose a través dos medios de comunicación que o inicio da reforma da rúa comezará o vindeiro luns 6. Seguimos insistindo que as obras nesta rúa son necesarias pero antes de acometelas debese ter unha saída polo sur, e de todos sabido que na esquina Enrique Mª Sesto con Concepción Arenal hai camións que non xiran e mais de un autobús ten quedade atascado. Tamén vamos a pedir, por rexistro, según o regulamento orgánico do pleno artigo 13.2 relativo a participación ciudadana, solicitando poder intervir no pleno do vindeiro día 6 en relación con estas obras. Pedimos desculpas a os nosos asociados por non pasar onte por os seus establecemento a recoller o seu apoio pero non nos deu mais o tempo. Máis información na web de ‘ábaco’: www.asociacionabaco.com Redactado por ábaco el Viernes 3 de Febrero de 2006Comentarios
Comentar este artículo
|