Campaña de Antroido de 'ábaco'
Miércoles 15 de Febrero de 2006
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios presentou esta pasada noite na sede da Sociedade filatélica os actos previstos para este Antroido, sendo a principal proposta unha promoción de tódolos estudios de fotografía que consistirá en que estarán abertos luns e martes de Antroido e por cada duas fotos de estudio que se realizen regalarán unha terceira de 15x20.
‘ábaco’ tamén esta organizando unha comparsa con karaoke para animar e dar ambiente no desfile, non especialmente espectacular, pero aportando seu gran de area ó acto.Tamén ten previsto algún acto sorpresa no porto.
O motivo da campaña dos fotógrafos e o significativo descenso das fotos de Estudio que veñen percibindo estes últimos anos e que, entre outras causas, achacan a que a xente non sabe que eses días teñen as suas tendas abertas.
Dende a asociación comunican que teñen previsto facer este tipo de promocións a miudo, sexa por sectores ou por zonas; esta vez son os fotógrafos e mañan poderán outras tendas ou os locais do porto.
Representantes de tódolos es tudios fotográficos na presentación.
Redactado por Redacción el
Miércoles 15 de Febrero de 2006