Programa de Educación para Saude
Viernes 24 de Febrero de 2006
Máis do 40% do alumnado da Comarca participa no Programa de Educación para a Saúde na Escola neste curso 2005/06
No marco da prevención das drogodependencias nos centros educativos, como ámbito prioritario de intervención, a Asociación Érguete Baixo Miño de A Guarda realiza, dende setembro ata xuño, o Programa de Educación para a Saúde na Escola que promove e financia o Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas da Consellería de Sanidade.
Nestas accións de información e de coordinación/seguemento participan 110 mestres, o que supón unha porcentaxe do 24,6% e 1856 alumnos/as abarcando o 40,4% do alumnado pertencente ós catro Concellos da nosa área de actuación: A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia.
A través dun material adaptado curricularmente a cada etapa evolutiva do alumnado, o profesorado, en coordinación co técnico de prevención, realiza un tratamento na aula sobre diversos aspectos no ámbito da prevención das drogodependencias. Preténdese influír nas crenzas e actitudes do alumando de educación infantil e primaria sobre as drogas e o seu consumo, así como na intención de consumo futuro ou consumo actual dos estudiantes de ESO, bacharelato, ciclos formativos e garantía social, ó mesmo tempo que se dota á comunidade educativa duns instrumentos de traballo que permiten un afrontamento racional do consumo de drogas.
Entre os seus obxectivos detacan:
- Dar ó alumno/a unha información obxectiva e veraz que facilite unha análise crítica das drogodependencias.
- Valorar axeitadamente a autoestima, a toma de decisións e a identificación da presión do grupo para a resolución de conflictos, para actuar en situacións de consumo.
- Axudar a desenvolver comportamentos e hábitos gratificantes, alternativos ó consumo de drogas.
- Dotar de coñecementos para mellorar as actitudes personais e colectivas ante o drogodependente, evitando estereotipos e suizos de valor que propician o seu illamento e marxinación social.
Redactado por Redacción el
Viernes 24 de Febrero de 2006