'ábaco' e membro constituyente da nova Federación de Centros Comerciais Abertos e Urbáns de Galicia
Lunes 27 de Febrero de 2006
A nova organización apoia con matices a nova Ley de horarios que impulsa a Xunta.
A nova Federación de Centros Comerciais Abertos e Urbáns de Galicia
botou a andar a semana pasada en Pontevedra cunha asamblea na que estaba
previsto aprobar os estatutos e cargos directivos. A organización, que
nace a partir da alternativa á Federación Provincial de Comercio
denomidada Foro Galego de Comercio, conta co apoio dunha trintena de
asociacións de comerciantes, na sua maioría de Pontevedra. Durante o
encontro, celebrado na Casa da Luz, os asistentes consensuaron tamén
as alegacións que presentarán o anteproxecto da futura Lei que
regulará os horarios dos establecimentos comerciais na Comunidade
Autónoma. O voceiro do foro, Xosé Bangueses, adiantou que os
integrantes da nova federación están de acordo no 95% do conxunto do
documento e da súa filosofía, inda que entenden que se deben matizar
aspectos coma os referidos ós municipios turísticos. A ese respecto,
indicou que lles preocupa a prerrogariva da Administración para poder
cambialos, ó entender que ese tema non se debería matizar máis, porque
o mercado con esta Lei e a epertura dos establecimientos de menos de
150 metros está suficientemente abastecido, tanto no verán coma no
inverno como para que nalgún momento se saque unha norma excepcional
neses apartados.
Bangueses destacou que o camiño de diálogo abierto entre a
Administración autonómica e o novo colectivo e comentou que o mércores
reuniranse cos presidentes das comisións de Comercio dos distintos
grupos parlamentarios para saber cómo valoran o anteproxecto da Lei e
amosarlles o noso interese en estar permanentemente en contacto con
eles para todo o que ten que ver con esta Lei e coa futura Lei de
Comercio… No cabo dun ano vanse mover vía lexislativa algúns destes
temas despois de 16 anos sen moverse nada, e queremos ser partícipes
deso e que cheguen ó Parlamento consensuados con nós e cos grupos
políticos.
En ‘ábaco’ o igual que a nova federación de comercio, entendemos que,
en relación aos establecementos con liberdade horaria, non deben
figurar os establecimentos comerciais situados en municipios
turisticos, xa que isto suporia un atractivo para establecerse areas
de grande superficie, polo que xunto coa federación do Foro vamos a
alegar a este artigo.
Redactado por Redacción el
Lunes 27 de Febrero de 2006