Festa de San Gregorio en Pías
Viernes 10 de Marzo de 2006
Este fin de semana celebrarasé San Gregorio en Pías, San Miguel. Entre os actos previstos están unha feira de artesanía, diversas actuacións e a venda da tradicional Rosca de Roxóns.
Programa:
Sábado 11:
- O grupo de gaitas “Boalleira” percorrerá as rúas do pobo.
- 16:00h: Talleres de artesanía
- 17:30h: Show Maxia, Magos Reunidos e Paiasos para os máis nenos e os páis.
- 17:30h: Apertura da cantina coa degustación de viños das adegas do roal, queixo, chourizos fritidos e venda da tradicional Rosca de Roxóns.
- Pola noite estará o Experto e Gran Mestre Victoriano de Saladina a facer queimadas que poderán ser degustadas polos asistentes. Amenizará a Feira a charanga os da “orde”.
Domingo 12:
- Polbo á Feira todo o día
- Pola mañá actuará o grupo de gaitas A Boalleira
- 16:00h: Actuación do grupo folk de vigo “Tanxedoiras do pandeiro”.
- 19:30: Actuación do grupo folk de Vigo “Xistra de Coruxo”.
Os actos relixiosos previstos son:
- Sábado: As 8 da tarde misa rezada.
- Domingo: as 10 misa rezada, as 12 misa solemne con sermón e procesión acompañada polo grupo de gaitas “A Boalleira”.
En canto a feira de artesanía incluirá:
- Exposición de traballos en punto de cruz.
- Encaixe de bolillos.
- Tapices.
- Exposición e venda de antigüidades.
Venderanse artigos de diversos artesáns e das asociacións San Xerome Emiliani, Avelaiña, Vontade, Alento, Solidaridade internacional.
Redactado por Redacción el
Viernes 10 de Marzo de 2006