Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Comunicado da plataforma Locáis de Ensaio Xa!

Miércoles 15 de Marzo de 2006

Locais de ensaio xaA plataforma Locais de Ensaio Xa! pon en coñecemento de todolos guardeses e guardesas que a pesares da nosa reivindicaición legal polos locais de ensaio e a nosa perseverancia, no concello Guardés seguen a discriminarnos dun xeito descarado.

Aínda depois de denunciarmos por medio dun video que un grupo de musica, imos dicir “punk-rock” estaba a ensaiar de xeito irregular nun dos bloques de ensinanza do antigo colexo Manuel Rodríguez Sinde, dito grupo segue ensaiando alí causando molestias entre os veciños, especialmente aqueles que viven na rúa San Bernardo.

Estes veciños dirixíronse en ocasións á plataforma Locais de Ensaio Xa! pensando que algún dos grupos militantes era o culpable do rebumbio producido no antigo Sinde, mais ata o dia de hoxe, a ningun grupo da plataforma concedéronselle locais de ensaio.

Segundo fontes alleas á plataforma Locas de Ensaio Xa, os membros do grupo que ensaia de xeito clandestino no antigo colexo M.R. Sinde, ten total disposición das chaves das portas que dan acceso as instalacións e poden ir alí cando lles pete.

Esiximos que se nos dea unha explicación clara e concisa de porque a eles sí e a nós non… ou non será acaso porque un dos integrantes de dito grupo é fillo dun coñecido policía municipal da Guarda?

Redactado por Redacción el Miércoles 15 de Marzo de 2006
Comentarios