Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Seis anos de atraso no concello da Guarda

Sábado 18 de Marzo de 2006

Toma de posesión do cargo de Freitas o 3 de xullo de 1999Nestes dias no seo ca Corporación Municipal de A Guarda ven de producirse a ruptura no Equipo de Goberno dos dous grupos politicos que a sustentaban.Seis concelleiros do Partido Popular e dous independentes…

Pois ben, en xullo de 2000 o Alcalde de A Guarda don José Manuel Domínguez Freitas, diante da falcatruada politica propiciada polos antigos socios no Goberno Municipal (dous concelleiros de Esquerda Unida) e José Luís Alonso Riego do Partido Popular, a sabendas de que ía perder a votación PRESENTOU os novos Presupostos na sesión Plenaria correspondente, naturalmente os compinchados politicamente gañaron a votación e tanto O PSdeG-PSOE e BNG tiveron que abandonar o goberno municipal e pasar a oposición.

Todo isto rematou cunha situación irregular no que estaban sumerxidos (politicamente falando) o goberno TRIPARTITO (PSOE/BNG/EU-IU) ós poucos meses de tomar posesión da Alcaldía José Manuel Domínguez Freitas.

Riego e Cia. nin siquera lle deron a oportunidade a PSOE /BNG de retamar ca lexislatura, cuestión que hoxe tanto o PSOE como o BNG sí están en que Riego termine DUNHA VEZ seu mandato…

Tamén se sabe que nestas derradeira eleccions o P.P. tivo 18 votos mais co PSOE, acadando ambolos partidos sete concelleiros, e unha vez mais, os dous concelleiros independentes (foran expulsados de Esquerda Unida/Izquierda Unida semanas despois do contubernio municipal entre PP e EU) lle deron a Alcaldía a Riego… o resto, xa os cidadans guardeses, baixo miñotos e galegos leron durante estes seis anos todo o relacionado co pésimo e nefasto goberno municipal PP<>Independentes.

Deixando estes comentario a un lado (tódolos guardeses saben en que partido politico milito dende a entrada da democracia), se me ocorre presentar ós “navegantes desta páxina Web” dous discursos pronunciados por dous Alcaldes guardeses na toma de posesión. Un foi en xullo de 1936, don Brasilino Honorio Álvarez Sobrino ( fusilado un 7 de decembro de 1936) e o outro foi en 1999 cando tomou posesión don José Manuel Domínguez Freitas (en xullo 200 pasouse a oposición por desexo de Fariñas e Sr. Alonso Riego… comparen:

TOMA DE POSESIÓN COMO ALCALDES DE JOSÉ MANUEL DOMINGUEZ FREITAS E BRASILINO ÁLVAREZ SOBRINO [ día 3 de xullo de 1999 – día 15 de xullo de 1936]

¡ Señoras e Señores Concelleiros! - ¡ Veciños e Veciñas de A Guarda !.

Señoras e Señores: Hoxe é - igual que o foi o 13 de xuño -, un día de ledicia democrática. Hoxe toma concreción a vontade popular expresada nas urnas.

A delegación de poder dos votantes en favor dos representantes de un, ou de outro partido, recae nas mulleres e homes que aceptamos a responsabilidade, dende o goberno ou dende a oposición, de levar adiante este Concello, de levar adiante este pobo. ¡Gracias a tódalas veciñas e veciños de A Guarda por confiar en nós!.

Quero felicitar a tódolas concelleiras e concelleiros electos do pobo de A Guarda que, por mandato popular, acceden a un cargo de representación pública que nos enche de satisfacción porque non hai nada máis gratificante que traballar en beneficio dun pobo, dos seus veciños e veciñas.

Quero facer extensiva esta felicitación ós partidos politicos que participaron dunha maneira activa e madura no proceso electoral e que competiron, nun clima constructivo e de explicación de programa, por obteñer a confianza dos electores.

Quero agradecer a confianza que dous partidos políticos, aparte do meu, depositaron na miña persoa para ostentar a máxima responsabilidade do Concello. Espero, e confío en suplir as miñas limitacións con esforzo e traballo arduo, coa toma de decisións colexiada, para non defraudar a confianza a que antes me refería.

Os resultados das eleccións do día 13 de xuño posibilitaron que hoxe se producira un cambio polo que moitas compañeiras e compañeiros loitaron, con armas democráticas, dende hai moitos anos. Uns teñen a oportunidade de estar aquí, outros non.

Este cambio só é posible polo esforzo e o traballo de tantos e tantos anos, de tantas e tantas persoas. Sinto o orgullo propio de quen comparte uns ideais con outras moitas persoas, sinto orgullo de ser militante socialista, pero dende agora iso pasará a un segundo plano para ser o Alcalde de tódolos guardeses.

A empresa que temos encomendada, é a un tempo, atractiva e complexa. Temos moitos proxectos e ilusións para facer un pobo con calidade de vida, un pobo que xenere emprego, un pobo con futuro.

Como diciamos na campaña electoral: Un pobo, para disfrutalo, non para sufrilo.

É neste empeño, nesta empresa, todos, absolutamente todos, somos necesarios: ¡ os que teñamos responsabilidades de goberno, e os que teñan responsabilidades de oposición ! .

Queremos contar con todos, porque nos grandes temas tódalas ideas e esforzos serán poucos. A oferta de diálogo e de colaboración estará permanentemente enriba da mesa.

Poderemos ter diferencias, pero todos temos un obxectivo común no que converxernos.

¡ Que A GUARDA gañe !.

Queremos contar asimesmo con tódolos veciños e veciñas e imos posibilitalo cunha forma transparente e aberta de facer política, de xeito que todos poidan expresar as súas ideas e os seus problemas. Entre todos determinaremos as prioridades, porque queda moito por facer e as limitacións económicas marcan, queiramos ou non, as inversións.

Algunha vez teremos que dicir que non, que aínda non é posible. Pero sempre daremos unha razón do porqué. E as persoas, cando se lle dan razóns, entenden e saben agardar.

¡Colaboración e saber agardar e o que vos pedimos!.

Seremos constantes, e esixentes, diante das administracións competentes, para reclamar aquelas cousas ás que temos dereito. Non pedimos máis, pero tampouco nos conformaremos con menos, co que teñen outras vilas como a nosa.

Unhas boas comunicacións, a depuración das augas, un porto acorde coas necesidades que temos, unha dotación de bacharelatos e ciclos formativos como se merece a nosa xuventude, un chan industrial para que as nosas industrias non marchen a outros concellos, entre outras cousas, serán obxeto de reivindicacións razonada e permanente.

Temos todo o necesario para poder medrar. Temos uns veciños que supoñen un capital humán incrible. Non hai un Concello que teña, porcentualmente, a cantidade e calidade de colectivos organizados e asociacións que, a pesar das dificultades, fan unha labor formidable. Temos unha xente emprendedora que saíu adiante aquí e en moitos lugares fora de aquí. Só temos que ser capaces de senta-las bases, de poñer as condicións necesarias e o demáis virá dado.

Díciao antes e quero reafirmalo novamente: seremos o goberno de todas e de todos, presidido pola xustiza e a igualdade. Ilusión, esforzo, ganas, adicación é o que prometemos.

Hoxe, as concelleiras, concelleiros e o Alcalde sentimos un orgullo e unha satisfación grande pola vosa confianza.

Esa satisfación e orgullo multiplicaránse por mil, se logramos o que todos queremos:

¡ Que A GUARDA GAÑE !.

Gracias. Dixit: José Manuel Domínguez Freitas.

Brasilino ÁlvarezDISCURSO DO ALCALDE REPUBLICANO DE A GUARDA D. BRASILINO HONORIO ÁLVAREZ SOBRINO Na toma de posesión o día 15 de xuño de 1.936.

Breves palabras nada mas. En primer lugar, porque no soy orador y en segundo lugar, porque no es éste el momento de discursos.

Tampoco, como es práctica en estos casos, he de dar las gracias a mis queridos compañeros por el honor quue pueda significar el depositar en mi la confianza que representa el cargo con que acabais de honrarme.

Y no os lo agradezco, no por soberbia, no haciendo alarde de una superioridad de que carezco, sino porque creo que a estos cargos hay que llegar conscientes de la enorme responsabilidad de saber y poder honrarlos; y pudiera resultar que esa responsabilidad que asumo en estos momentos ante vosotros y ante el pueblo, sea superior a mis esfuerzos y buena voluntad. Solo pensando en la seguridad de vuestra leal e inteligente colaboración, he podido dedicirme a hechar sobre mi tan pesada carga.

¡Eso sí, ni un minuto más de aquel en que me falte esa asistencia permaneceré en este sitio !.

Ahora, tengo especial interés en hacer constar aquí para que nadie se llame a engaño, que mi orientación política al sentarme en este lugar nopuede ser otra que la que he venido sustentando hasta ahora, esto es: la de un republicano y demócrata.

Por lo tanto, estoy dispuesto, en lo que a mi dependa, a imponer a todos, as todos sin excepción, la legalidad del régimen que la mayoría de los españales se han dado.

De la labor a realizar, la mas urgente, la que debe requerir nuestra más inmediata atención, debe ser, a mi entender, el Saneamiento de la Hacienda Municipal.

Sin una hacienda ordenada y bien fiscalizada todos nuestros mejores propósitos serían irrealizables. Habremos pasado por aquí sin haber realizado obra alguna de provecho.

En una palabra: Habremos fracaso. Por eso, espero que todos estaremos interesados en esto que no suceda, poniendo todo nuestro empeño en conseguir una situación económica favorable para nuestro Ayuntamiento y que de paso sirva de orgullo para sus administradores.

Inmediatamente despues tenemos también el problema de la instrucción. La Guardia no dispone todavía de las escuelas necesarias. Es preciso que nosotros resolvamos ese problema de una manera definitiva, creando las escuelas que el censo escolar exija, y los locales adecuados que los tiempos actuales imponen.

Tampoco debemos olvidar la cuestión del paro obrero, tan agudizado de algún tiempo acá, por razones que todos conoceis, extendido a todo el término municipal y que demanda una enérgica y especial atención.

Para ello es necesario pedir, a quien corresponda, que cuanto antes se inicien los trabajos públicos en proyecto, además de las inmediatas gestiones que se hagan cerca del Estado para conseguir la concesión de nuevas obras.

De otros muchos asuntos de vital importancia para nuestro pueblo, cuyo planteamiento no puede hacerse esperar mucho tiempo, podría hablarles pero he preferido tratar sólo aquellos aspectos que por su gravedad requieren nuestra pronta atención.

              Gracias.
                                                   Dixit:  Brasilino Álvarez Sobrino

NOTA INFORMATIVA:

Brasilino foi destituído o entrar as tropas sublevadas contra a IIª República o 27 de xullo de 1.936, as duas da tarde o Tte. de Carabineiros don Salvador Buhigas Novo destitue a Corporación Municipal republicana formada por:

Alcalde: Brasilino Honorio Álvarez Sobrino [ fusilado, simplemente por ser boa persoa, republicano dirixente do Partido Galeguista é Alcalde o 7 de decembro de 1936 na Corredera de Tui].

1º Tte Alcalde: Juan Noia Xil [ fuxido ó día 27/xullo/36 salvando a vida e dirixente do Partido Galeguista]

2º Tte Alcalde: Enrique Vicente Silva ( O Alpargateiro do Coruto)

3º Tte Alcalde: José Vicente Domínguez

Síndico: Serafin Flores Sobrino (industrial e curman de Brasilino)

Síndico Suplente: Enrique Álvarez Martínez

Antolin Silva Vicente [ ex Alcalde Republicano dirixente do Partido Radical de Lerroux]

Eduardo Pantaleón Saúl (republicano do Partido Galeguista, xulago e internado no Penal da Illa de San Simón en Redondela)

Manuel Noia Xil [ alcalde saínte é que tamén forma parte desta Corporación e masacrado polos falanxistas na costa de Portecelo (O Rosal), despois de facelo sufrir polos montes de Oia, nos primeiros momentos da entrada das tropas. Dirixente da Federación Obreira da CNT/FAI ].

Benjamin González Sesto

Julian Diaz Alvarez [ “Juliano” fusilado en agosto/36 en Tui ]

Maximino Silva

Ramiro A. Castro Dono.

A Corporación acorda facer Tres Comisións:

Facenda, Presupostos, Contabilidade, Personal,Goberno Interior etc.:

Brasilino Alvarez Sobrino Serafin Flores Sobrino Antolin Silva Vicente

Comisión de Fomento, Obras Públicas, Policía Urbana y Rural (sic), Ornato, Ensanche, Caminos etc.:

Juan Noia Xil José Vicente Domínguez

Comisión de Sanidade, Beneficencia, Suministros, Socorros, Asuntos Benéficos, Policía de Abastos y de Seguridad:

Brasilino Álvarez Sobrino Juliano Díaz Alvarez Benjamin González Sesto.

Acordan celebralas Sesións Ordinarias mensualmente os días primeiro e terceiro xoves de cada mes as dezaoito horas.

Para o Consello Local de Primeira Enseñanza nomean a Manuel Noia Xil, e para Vocal da Xunta Municipal do Censo Electoral a Eduardo Pantaleón Saúl.

Acordan asimesmo, dar un “voto de gracia” a Comisión Xestora que éstaba ó frente da Administracción Municipal [….] por la meritoria labor efectuada durante su gestión que constituyó para ellos un verdadero sacrificio….[ a acta está asinada polo Secretario Antonio Vidal].

A última Sesión Ordinaria desta Corporación Municipal tivo lugar o 16 de xullo de 1936, presidida polo 1º Tte Alcalde Juan Noia Xil [ Brasilino debía estar enfermo ou de viaxe] estando presentes:

Serafin Flores Sobrino, Enrique Álvarez Martínez, Benjamin González Sesto, Antolin Silva Vicente, Manuel Noia Xil, Juliano Díaz Álvarez, Eduardo Pantaleón Saúl e Ramiro A. Castro Dono.

Facía de Secretario Accidental Teodosio Sesto.

Esta Sesión continúa con outra Extraordinaria para tratar da “destitución dun empregado municipal” en virtude dun Expediente Administrativo incoado por non cumplir co deber de Vixilante de Arbitrios [ un mes mais tarde os novos dirixentes ó reporían no cargo].

É no día 27 de xullo de 1.936 - as 14,30 – Salvador Buhigas Novo da posesión a nova Xestora Municipal:

[….] Salvador Buhigas Novo Jefe de la Columna destacada de la que opera en Tuy… en uso de las atribuciones que le están conferidas procede a destituir a la anterior y a constituir la que el designa en este acto y que la componen los siguientes señores:

Alcalde: Francisco Moreno Álvarez [coñocido cómo Paco Moreno, sobriño do Alcalde Manuel Álvarez Vicente e presidente de Unión Patriótica e do Clu de Fútbol Deportivo Guardés ].

1º Tte Alcalde: Mariano Jiménez Huete [ fotógrafo]

2º Tte Alcalde: Marcelino Portela Portela

3º Tte Alcalde: Francisco de Santiago Álvarez

Síndico: José Jurado Romero [ médico de Tui casado na Guarda e membro cualificado da Falanxe que lle deu en Oia o “tiro de gracia na nuca” a Manuel Noia Xil]

[….] En su virtud quedan posesionados en sus cargos, los cuales prometen desempeñar bien y fielmente, haciéndose conocer que ésta posesión se la otorga don Salvador Buhigas Novo, en representación del Señor Comandante Jefe de la Columna que opera en Tuy…

Da fe o Secretario Antonio Vidal.

Uns días antes da entrada das tropas “nacionales” na Guarda o semanario dirixido por D. Juan Noia Xil explicaba a labor que en poucos anos habían levado a cabo os republicanos na Vila de A GUARDA:

Centro Sanitario – Campo de Aviación de A Canosa – Estrada a praia da Area Grande – Adecentamento e preparación da praia da Area Grande – Fomento do Turismo – Facilitala Libre Emisión do Pensamento – Impulso do Ensino Primario – Creacción de dez Escolas Públicas – Preparación dos Proxectos para facelos Grupos Escolares – Reforma do Alumeado Público con melloras importantes – Comezo dos traballos previos ao Acueducto de Auga Potable – Alcantarillado – Plan Xeral de A Guarda – Prolongación da Estrada a Camposancos pola Cruzada – Ponte de Acceso a Illa Canosa – Dragado do Porto Guardés – Colocación da Sirena de Néboa e Luces de Infilación no Porto de A guarda – Peche da Fosella no Porto de A Guarda – Rescatala Ribeira de Salcidos – Solucionalos conflictos causados pola dereita no pobo – Traballar sin descanso polo progreso da Vila Guardesa . RESUME: PAZ, TRABALLO E PROSPERIDADE.

Nuevo Heraldo, pola contra escribía da dereita, ONDE EMPREGARON O TEMPO NA GUARDA:

Sabotear e calumniar a República – Fomentar discordias e tratar dunha contínua guerra entre veciños – Inventar complots e formular calumnias – Negarse a construílas aceras e pagalo canón respectivo – En perseguir a Nuevo Heraldo, aos portugueses, a Eduardo Pantaléon Saúl, Hipólito Gallego e aos traballadores organizados – En colocar bombas nunha ventá da Casa Parroquial, serralos remos das gamelas e acusar de tales feitos aos republicanos – Empregar toda clase de argucias e estrataxemas contra o funcionamento do Centro Sanitario – Apropiarse dos éxitos dos republicanos – Facer mala propaganda da praia da Area Grande – Aproveitarse da Confradía de San Vicente de Paúl para facer propaganda politica contra a República – Boicotealos traballadores a base de fame – En coaccionar, sobornar e amenazar aos que non lles siguen.

RESUME: FAME, PARO OBREIRO E VINGANZAS

Poderíamos seguir con bastantes páxinas mais…..

Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 18 de Marzo de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.