Nota de prensa de Grupo Municipal Socialista
Jueves 16 de Marzo de 2006
Diante da ruptura do pacto de goberno entre o PP e IvdoBM producida no día de hoxe o Grupo Municipal Socialista manifesta o seguinte:
Non nos colle de sorpresa porque ven a reafirmar o que o GMS ven anunciando dende o principio da lexislatura. Foi un pacto contra natura motivado por intereses particulares que nunca buscou o benestar e progreso do pobo de A Guarda.
A solución adoptada non é máis que unha labor de maquillaxe, diante das inminentes eleccións municipais, coa que de ningún xeito van conseguir tapar a súa nefasta xestión ó longo destes tres anos: firma falsa, facturas falsas, perdas de subvención, a súa nula capacidade de xestión nos temas prioritarios, etc.
O Grupo Municipal Socialista afronta esta nova etapa reafirmando o seu compromiso, tantas veces manifestado, co pobo de A Guarda. Actuaremos con responsabilidade diante dos temas fundamentais que o noso pobo ten plantexados e ós que eles non foron capaces de darlle resposta.
Descartamos, como fixemos sempre, a moción de censura. A censura correspóndelle facela ó pobo de A Guarda co seu voto nas próximas eleccións municipais de maio do 2007.
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Jueves 16 de Marzo de 2006