Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Carta ó alcalde sobre o cese do arquitecto municipal

Martes 14 de Marzo de 2006

SR. ALCALDE: O Arquitecto Municipal do Concello de A Guarda é administrador, xunto con dúas persoas máis, da empresa O.P.V. (Oficina de Proxectos de Vigo, S.L.). Varias empresas e sociedades teñen presentado no Concello de A Guarda proxectos redactados por O.P.V. , proxectos que despois eran informados polo propio Arquitecto Municipal.

É un caso flagrante de vulneración legal xa que ten actuado en varias licencias como xuíz e parte. A Lei 30/1992, que regula o procedemento administrativo, aclara, no seu art. 28, os motivos de abstención para as autoridades e persoal ó servicio das administracións públicas: Ter interese persoal no asunto de que se trate…. ou ter relación de servicio con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto…. Está claro que non se abstivo neses asuntos nos que tiña que facelo. Tiña interese en varios proxectos e non actuou con imparcialidade e independencia. Por iso solicitámoslle a Vde., que foi quen o contratou baixo a súa responsabilidade, que adopte as medidas legais pertinentes e dende logo a primeira debe ser o cese inmediato do Arquitecto Municipal dado que está inhabilitado para desempeñar o cargo que ostenta.

                                A Guarda, 14 de marzo de 2006

                                Polo Grupo Municipal Socialista,
Redactado por Grupo Municipal Socialista el Martes 14 de Marzo de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.