Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Banco COCA

Sábado 1 de Abril de 2006

Agora que estamos lendo nos xornais os miles de millóns das antigas pesetas que veñen de gañar os Bancos e Caixas se me ven a memoria o caso do Banco Coca. Este Banco foi fundado en 1934 e absorvido polo Banesto en xuño de 1978. Tiñan contactos con este banco representantes da “quinta esencia” do Réxime de Franco por medio dos Consellos de Administración de empresas do propio Banco.

Nicolás Franco Bahamonde, Cristobal Martínez Bordíu, Juan García Garcés, José Mª Sanchiz Sancho, Rafael Cabanillas Prosper, José Banús Masdeu, Alfredo Monreal Duque, José Mª Serrats Urquiza, tamen estaban realcionados co Banco personaxes con títulos nobiliarios cómo Juan Guell y Matas marqués de Comillas e Conde de Guell; Iñigo Moreno Arteaga marqués de Lauca; Ramiro Pérez Maura Duque de Maura; Luís Figueroa y Pérez de Guzmán el Bueno, Conde de Quintanilla; Alfonso Márquez Patiño, Marqués de Castro,etc.etc,. O Bando fora fundado por Julián Coca Gascón, deixando a seu fillo maior Ignacio Coca García ó fronte do banco.

As Empresas nas que estaban a “quinta esencia do franquismo” eran: FORJAS AZCOITIA fundada en 1939, presidente Ignacio Coca;ACERÍA Y FORJAS, presidente Ignacio Coca, Conselleiro Delegado Enrique Miñarro;AGRICULTURA Y GANADERÍA fundada en 1956 da Familia Coca; ARDIMAR fundada en 1970, presidente Alfonso Marquez Patiño, Federico Monreal Duque e Alfonso Casans Gómez; BECEDAS en 1970, xerente Miguel Pintado Aguado;COFIVISA en 1969, Roberto Correa Fernández (secretario particular de Ignacio Coca);CESSA de 1927, presidente Ignacio Coca; COVESA en 1958, presidente Ignacio Coca;HARINERA SALMANTINA en 1933, presidente Regino Coca; INDUSTRIAS SALMANTINAS en 1959, presidente Ignacio Coca; INDUSTRIAS ESMAR en 1959, presidente Ignacio Coca; INMOBILIARIA FLAVIA en 1959, presidente m. Pintado Aguado, J. Santamaría López; IPLASA en 1970, presidente m. Pintado Aguado;LABORATORIO COCA en 1938, presidente Ignacio Coca; OBRAS AGRÍCOLAS Y FORESTALES en 1953 da Familia Coca; OBRAS CIVILES E INDUSTRIALES en 1955 dependía do propio Banco directamente. No Caco tiñan participación directa PRYZT s.A.; FINACIERA SALMANTINA; LAS MONTERAS S.A.; HOTEL LAS MONTERAS; INCOSOL e GOLF RÍO REAL. Tamen se me ven a memoria que neste 1978 os gastos totais da CASA REAL ESPAÑOLA aprobados polo Goberno de don Adolfo Suárez eran de 150 millons 500 mil pesetas, que siñificaba un 0,01% dos gastos xerais do Estado Español.

O día 26 de xuño de 1986 don Ignacio COCA García, presuntamente, dono dunha das tres grandes fortunas do franquismo (primeiro Juan March e segundo a familia Fierro) pegouse un tiro na testa con un pequeno “revólver con cachas de nácar”, cando estaba afeitándose no “palacete” da rúa Orfilia, mentres seu “ayuda de cámara como en Inglaterra” comprobada a temperatura da auga do baño. Despois da compra do banco COCA por parte do BANESTO descubriúse un “agujero negro” de 54.000 millons de pesetas(unha inmensa fortuna daquela época). Ignacio COCA García tivo que avalar con bens personais o importe dos 54.000 millons de pesetas, pero non foi capaz de “aguantar la presión del escándalo” pegándose un tiro. Polo menos tivo a entereza suficiente para apechar cas consecuencias, cuestións que directivos posteriores do BANESTO non tiveron “lo que hay que tener”, pese a ser recibidos en Tui baixo palio na época dorada de Diz Guedes…¡O que hai que ver dicíalle don Quixote a Sancho Panza!. Uris Guisantes.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 1 de Abril de 2006
Comentarios

Yo Manuela Mozo Coca hija de Narciso Mozo Baladron y de Purisima de la Consepcion Coca Cordero estamos en busca de nuestra familia por favor esta es la unica via que e conocido tengo informacion de Teresa Corral Coca y Feliciana Corral Coca y Ignacio Coca Garcia y a Julian Coca para el Banco COCA

Enviado por: manuela mozo coca el Sábado 2 de Agosto de 2008 a las 19:43
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.