Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Homenaxe os presos Republicanos na Illa de San Simón

Martes 18 de Abril de 2006

Clic para ampliarO domingo 16 tivo lugar na Illa de San Simón (Penal habiliatdo polo goberno de Franco) un acto de homenaxe aos republicanos presos durante varios anos, moitos dos cales faleceron elí mesmo. Foi presentado un libro escrito por Manuel Barros sobre os que estiveron presos, entre eles Basilio Carrero Lorenzo e Eduardo Pantaleón Saúl ( este foi un dos que poideron salvarse)

Familiares, amigos e compañeiros de ideoloxía estaban elí, ilusionados de poder lembrarse ou facerse unha idea das penalidades polas que pasaron e das condicións infrahumanas nas que estaban mergullados centos de republicanos sen mais delito que ser íso republicanos, que non habían feito dano a ninguén, que tiñan unhas ideas, que tiñan unha preparación cultural, que tiñan unha formación cívica e que habían axudado a que a II República non fora aniquilida (como así foi) por militares sublevados contra ela, contra un estado de dereito lexitimado nas urnas.

Os mais de 2000 republicanos que por elí pasaron (unha parte moi importante sairon cos pes por diante) merecen mais que un simple homenaxe e que o PCE faga menos politica… Merecen que se habilite o lugar cómo un Centro de Documentación da Guerra Civil e da violenta represión, para que novas xeneracións de galegos/as coñezan exactamente ó que pasou para que endexamais poida acontecer. Sería aceptable tamén gravar os nomes e apelidos, data de nacemento, lugar de orixe e data do falecemento de todos os que pasaron polo Penal. Exposición de fotografías de como eran as instalacións, da vida diaria, en fin dos protagonismas a forza do día a día. Illa de San Simón

Fotografías de Basilio Moreira Carrero

Redactado por José A. Uris Guisantes el Martes 18 de Abril de 2006
Comentarios

meu pai tamen istivo en san simon ainda que de carceleiro debe de ser o unico que queda vivo . non deixa de ser represaliado pois el estivo ali porque o colleo a guerra estando en Valencia e despois dela llo castigaron a estar catro anos mais gardando presos .

Enviado por: tino perez alonso el Jueves 4 de Mayo de 2006 a las 12:59

vista la entrada que tienen ustedes en la web sobre el penal de san simon,me da la sensacion que solo hubo presos gallegos,ya que los tres primeros campos de la web estan en ese idioma,el cual yo respeto pero tambien se debe respetar la memoria de los que muchisimos de esos presos estuvieron alli sin ser de esa comunidad.Sobre todo recuerden lo aficionados que eran los franquistas al "TURISMO PENITENCIARIO" .Con esto quiero decirles que desde aqui en andalucia tambien tuvimos familiares alli.

Enviado por: joaquin silva el Domingo 21 de Octubre de 2007 a las 10:21
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.