Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

LXXV aniversario da II República Española

Martes 18 de Abril de 2006

Na Guarda foi celebrada a proclamación da II República o mesmo día 14 as 20 ou 20,30 h. Do mesmo día cando Juan Noia Xil se traslada en bicicleta dende o Bar Deportivo Guardés a Camposancos para comunicar a Roque Camilo Carrero Lorenzo e demais republicanos que a República era xa unha realidade en case que toda España, tamén acude a Salcidos para facelo mesmo. O mesmo tempo convoca unha reunión na redacción do semanario da súa propiedade Nuevo Heraldo Guardés (con sede mais ou menos no que hoxe é o mercado Gladys).

Segundo refire don Juan Noia Xil (membro fundador do Partido Galeguista de A Guarda) [….] Reunidos en el no piso superior y yo en la máquina Marinoni redacto el siguiente contenido:

¡PUEBLO DE LA GUARDIA!

La aurora de un nuevo día alumbra nuestra querida Patria. El sol de la justicia brilla ya, señalando la ruta del engrandecimiento de la amada España, que, libre de opresiones y previa consulta a la soberanía popular, ha proclamado la República. Las ciudades españolas hierven de fervor patriótico. La Guardia, alborozada, se suma a las explosiones de entusiasmo, incando la rodilla ante el altar de los sagrados intereses de la nación. ¡Ciudadanos de la yalibre España, ciudadanos de la República: Acudid a rendir pleitesía cívica en la grandiosa manifestacion que hoy, miércoles, día 15, a las once de la mañana, partirá de los jardines de la Alameda para dirigirse al Ayuntamiento, donde será proclamada la República en esta villa. Trabajadores: Abandonad el trabajo y sumaros al júbilo nacional ante el triunfo de la Justicia y la Libertad. ¡VIVA LA REPÚBLICA! ¡VIVA ESPAÑA LIBRE! ¡ VIVA LA GUARDIA! La Agrupación Republicana de La Guardia. Neste día 15 de abril de 1931 pechou todo ó comercio e a crase obreira sumouse a tódolos actos prorgamados pola Agrupación Republicana.

Na Praza da Constitución, logo Praza da República, mais tarde Praza de España e hoxe Praza do Reloxo, Juan Noia Xil pronuncia o seguinte discurso:

[…] Pueblo de La Guardia, ciudadanos de la libre España. En estos momentos de intensa emoción y júbilo nacional, venimos a sumarnos a la gran cruzada de la libertad. En el sagrado altar de la soberanía popular, el pueblo español, que gemía bajo el ignominioso yugo de una opresión cruel y villanamente titánica, ha dado su inapelable fallo: ha proclamado la República.

Ha llegado la hora de la Libertad; ha llegado la hora de la Justicia, que no es patrimonio de caciques ni partidos, sino de España, bajo cuya bandera se cobijan todas las tendencias, para las cuales pedimos el máximo respeto.

La grandeza de nuestro pensamiento, nuestra alteza de miras, no la vamos a resumir en vanas palabras; la sintetizamos en lo siguiente: en que queremos PAZ y TRABAJO, base primordial para levantar el gran edificio de la nueva España.

Pero, antes de nada, urge hacer un llamamiento a la cordura y sensatez de todos nosotros para que, sin estridencias y con unción cívica, cooperéis al salvamento de la Patria, que exige de todos nosotros la colaboración más decidida y entusiasta.

Llamamiento que hago con más fervor a la clase trabajadora, a esa falange de hambrientos de justicia con quienes he compartido gloriosas gestas de la lucha social, y que son los que sobre sus hombros han cargado con el peso de las mayores injusticias: a esos en quienes pueden hacer explosión las justas ansias de libertad.

Hay que demostrar a todos los que de mala fe combaten a la República y la enarbolan como sinónimo de desorden, y a los que ingenuamente creen que con ella esto va a ser Jauja, que no será lo uno, ni lo otro. Que somos más amantes del orden que todos ellos, porque propugnamos por una estructura social que refleja con claridad meridiana aquellas doctrinas de Jesús de Galilea, que dijo: “Amaos los unos a los otros”.

No me queda más que deciros, puesto que otros correligionarios os hablarán algo más sobre la significación que tienen para la Patria estos momentos históricos. Pero no quiero finalizar sin recomendaros que, antes de disolveros pacíficamente, elevéis el pensamiento al infinito a la memoria de aquellos gloriosos mártires que se llamaron Galán y García Hernández, los cuales, en holocausto de servicio a la Patria, han dado sus vidas juveniles para sumarlas al cuadro de honor del martirologio de los esforzados paladines de la Libertad.

¡Guardeses!, ciudadanos de la nueva República española: laboremos patrióticamente por el engradecimeinto de nuestro querido pueblo, que es laborar por Galicia y por la prosperidad de España!

¡Viva Galán y García Hernández! ¡Viva la República!.

Na Guarda non se celebraron as Eleccións do 12 de abril de 1931 convocadas polo goberno de Aznar, pois a Agrupación Republicana de A Guarda puxérase de acordo coas dereitas para elo.

Foi nomeada a primeira Corporación Municipal da II República: Alcalde: Manuel Álvarez Vicente Iº Tte. Alcalde: Celso Candeira Pérez IIº Tte. Alcalde Dámaso Ramón Trigo IIIº Tte. Alcalde Roque Camilo Carrero Lorenzo Síndico: Antolin Silva Vicente.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Martes 18 de Abril de 2006
Comentarios

O que merda remexe merda cheira

Enviado por: Eu el Miércoles 19 de Abril de 2006 a las 19:50

Cando un individuo se esconde detrás dun pseudónimo é que oculta algo. A merda que se expón foi un estado de dereito votado por millons de españois, logo chegou unha sublevación militar lexitimada cas armas, paseos e fusilamentos.ect. As persoas cando queren opinar (non insultar nin denigrar) sobre un asunto co que non están de acordo expoñen sua opinión con todo dereito.
A historia nun minte, ahí está pese a quen lle pese,porque coñocer ó pasado é a única forma de entender o presente e de intuílo futuro.
Sexa valente e poña nome e apelidos, se é que os ten.......

Enviado por: josé A. Uris Guisantes el Jueves 20 de Abril de 2006 a las 07:42

A vista dos dous anteriores mensaxes rogaríalle ó responsable do sitio aguarda.com que, utilizando os medios técnicos a disposición de calquera webmaster, localice ao miserable cobarde que se esconde trala moura sombra excremental do pseudónimo Eu.
Comportamentos cavernícolas e desalmados como os do citado primate faen pouco favor a unha convivencia que debería sela norma de respeito entre personas civilizadas.
Máis aínda cando cun natural sentido humanista, unha parte da nosa memoria histórica recente que quedou marcada para sempre despois de haber sido regada con sangre de inocentes, foi abordada con respeito por Uris Guisantes.
Reafirmo a miña demanda ao webmaster co fin de desenmascarar a tal repugnante impostor.
Manuel Álvarez Álvarez, DNI 34.885.213.D

Enviado por: Manuel el Jueves 20 de Abril de 2006 a las 22:55

Hola Manuel e Uris. Pese a que rexistro as IPs dos que deixan mensaxes é imposible identificalo sen recurrir á Policía e por orde xudicial, dado que non hai insultos nin ameazas dirixidas a ninguén, non tería sentido solicitarlo. Por outro lado, prefiro deixar o mensaxe onde está precisamente para que se compare quens decimos o que pensamos con nomes e apelidos e quen se esconde tras pseudónimos cobardes.

Enviado por: Fernando Coello el Viernes 21 de Abril de 2006 a las 09:40

Estou totalmente de acordo con Fernado. Os lectores desta páxina poden facer comparacións...A democracia é tamen discrepar, non estar por completo de acordo, contestar con outros argumentos ou outros pedazos da nosa historia...porque como eu digo sempre a historia está ahí é ninguén pode cambela xa...¡ainda que a outras personas lles lembre algo non lembrable!.
Seguiremos colaborando con Fernado ata que él mesmo estime que debemos deixalo.
Saudos para os auténticos demócratas, os que saben oir, ler, contestar, discrepar e opinar libremente, sen insultos e sen denigrar a ninguén.

Enviado por: jose a. uris guisantes el Viernes 21 de Abril de 2006 a las 15:47

Permitídeme que discrepe parcialmente coas vosas opinións, con firmeza, porque creo que o debate debe ser limpo e aberto.
Non pido orde xudicial, nin recurso á autoridade pola forza. Existe outro tipo de xusticia : a xusticia moral.
E bastaría, se ese Eu tivese un pouco de dignidade, bastaría somentes cunha mensaxe de excusas. Mea culpa. Punto.
Porque non se trata de que a democracia permita expresar as opinións persoais, e discrepar, senón que se trata do contido e das intencións desas expresións. Trátase de declamar unha enérxica protesta ante comportamentos que dicen pouco a favor de valores tan básicos da nosa sociedade civilizada como é o respeito. Das ideas, das opinións, da honradez en suma, da convivencia.
¿Donde está a discrepancia e o debate das ideas naqueles noxentos palabróns? ¿Dónde está a intelixencia de tales comentarios? Parece como unha faísca que estourara daquela cavernícola chamada á que intelixencia debe morrer ...
¿Pode ou debe considerarse un mesquiño exabrupto como unha discrepancia democrática? Non. Tales comportamentos non deberían ter cabida en espazos de liberdade e de opinión compartida por cidadáns honrados. E son preceptos que deberían ser sacros.
É necesario entender o que pasou no mundo, o que pasa no mundo, o que nos pasou a nós, o que pode pasar. Houbo miles de mortos, vidas que se exterminaron nunha persecución gratuíta e feroz, sen alma, sen humanidade.
¿Porqué se expiaron nas fauces da bestia rabiosa tantas vidas irmáns e inocentes? Sangre xoven e savia necesaria perdida para sempre, pero que persiste na memoria como unha incisión, como unha ferida acoitelada todavía tébeda e espantosa pola que fuxe a vida tenra e inocente do teu irmán, do teu pai, do teu abó, do teu amigo, do teu veciño...
É necesario entender estas cousas. Preservalas na memoria como un tesouro, no espazo sacro do patrimonio e do legado colectivo.
Porque neste tipo de descalificativos é francamente terrible pensar que a memoria dos nosos antepasados que ofreceron a súa vida por lograr un mundo millor poida ser profanada e enlodada de maneira tan irresponsable. Permitídeme entón que discrepe, nun alegato que pretende ser como un sentimento silencioso de oposición ás tebras do fanatismo.
Para que todo isto non se convirta nun eufemismo de discrepancia.
Discrepo.

E logo, con delicadeza avanzarei a palma da minha man. Nela depositarei estas verbas que quero sexan de gratitude. Conteñen ecos de voces que gardan o susurro fervente do corazón ferido daquela España mártir da guerra fratricida.
Deixo eiquí, encol deste ar e destas augas, estas verbas enfiadas que nos amparan, coa esperanza de que como un tributo voen por riba do aire, e poidan pousarse mansamente na terra, que se filtren nos estratos das campas, ate chegar ao alento húmido dos choros das inocentes víctimas daquela afrenta inútil.
Para que se disolvan con eles no seu silenzo, no seu repouso. En paz.
Como voces de escuma, como sombras de estatuas de sal, como o aire amansado so das ás dos paxaros, como o ir e como o vir do canto das mareas.
Sal. Salmo. Sangre. Canto. Loor. Honra.

Recibide namentres os meus millores sentimentos de liberdade e fraternidade.

Enviado por: Manuel el Viernes 21 de Abril de 2006 a las 21:56
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.