Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Ciclo 'Paixón' na Asociación Eliseo Alonso

Martes 25 de Abril de 2006

Clic para ampliarA Asociación Cultural Eliseo Alonso inaugura o próximo venres 28 de abril ás 20:30 horas no seu local de Goián o ciclo de charlas coloquio Por unha paixón patrocinado por La Caixa. Van participar catro persoas que levan unha media de vinte anos dirixindo asociacións do Baixo Miño que son referente moral para os habitantes dos concellos da comarca.

O seu traballo, esforzo e “paixón polos demais” fixeron realidade tanxible- mediante a creación de proxectos concretos que involucraron e involucran a milleiros de persoas- valores, conceptos e ideas que, coma a solidariedade, o compromiso medioambiental ou a cooperación, hoxe, cada vez máis, non só asumimos senón que xulgamos irrenunciables. Con estes catro testemuños directos queremos mostrar de primeira man as razóns que moveron e moven a estas persoas , coñecer os seus esforzos ,as ilusións cumpridas e as que ainda están por cumprir. Queremos que este ciclo sexa para eles, para estes “apaixoados” unha modesta pero apaixoada homenaxe pública. Somos conscientes de que non son os únicos pero teñen autoridade para falar de traxectorias vencelladas a bens comúns dos que se beneficia toda a comarca.

Venres, 28 de abril 20:30 horas

Abrirá o ciclo Carlos González Blanco, director do Centro San Xerome Emiliani da Guarda que atende a persoas con minusvalías psíquicas tratando de integralas socialmente. Nestes anos crearon talleres ocupacionais, empresas de servicios, unha tenda, un clube de lecer para usuarios do centro, un programa de respiro para as familias… Naceu no Rosal hai cincuenta anos, é psicólogo e dirixe o Centro San Xerome Emiliani dende a súa creación hai vintecinco anos. Tamén é fundador de Avelaiña ,asociación de axuda ó enfermo mental e como profesional participa na Xunta directiva desta asociación guardesa. É Vicepresidente de Alento, asociación de dano cerebral e representa a Pontevedra na Federación Española de Dano Cerebral, cargos que desenvolve como pai dun neno afectado por esta doenza. Carlos González Blanco quere reflexionar sobre a súa traxectoria, sobre os atrancos e as moitas satisfaccións dun traballo que está cargado de novas ideas. A charla vai ser presentada por Ana Martínez Otero, irmá dun usuario do centro.

Venres, 5 de maio 20:30 horas

Agustín Ferreira Lorenzo fundador e Presidente de ANABAM, a Asociación Naturalista “Baixo Miño”, dende a súa creación no ano 1985. Naceu na Guarda en 1953 é mestre e leva vinteun anos ó frente de Anabam, unha asociación pioneira en Galicia na defensa do medio ambente. Habitualmente imparte cursos sobre natureza e ten publicados numerosos artigos en prensa, revistas e boletíns. Foi cofundador da Agrupación Cultural Guardesa e actualmente é Vogal no Consello Galego de Medio Ambente e representante dos grupos ecoloxistas de Galicia no Parque Natural do Monte Aloia. Anabam promoveu e participou en numerosas campañas de defensa do río Miño, conseguiu que se preservara o esteiro do río como zona protexida , realiza os censos de aves anuais nese entorno e leva a cabo unha labor de educación ambiental orientada a escolares para aumentar a sensibilización dos habitantes da comarca co seu entorno.

Venres 12 de maio 20:30 horas

Xesús González Álvarez, Antonio Granja Pereira e Nemesio Castro Alvarez. Son os tres piares fundamentais da Agrupación Musical do Rosal que actualmente preside Xesús González. Un traballador do sector metalúrxico, un mecánico e un agricultor que hoxe teñen entre cincuenta e sete e setenta e seis anos conseguiron colocar á Banda do Rosal no grupo selecto de bandas españolas. Cinco discos, unha escola de música, unha coral, diferentes formacións instrumentais e unha chea de profesionais espallados por conservatorios e distintas formacións musicais que os enchen de orgullo. Os tres compartiron tarefas na Xunta directiva durante máis de vinte anos , Xesús e Antonio dende a creación da Agrupación en 1983. Mudaron de cargo pero tiveron nestes anos unha responsabilidade compartida da que nos falarán nesta ocasión.

Venres 19 de maio 20:30 horas

José Antonio Uris Guisantes, fundador e Presidente de Érguete- Baixo Miño dende a súa creación na Guarda no ano 1990 pero el comenzou a axudar ós afectados en 1985. Naceu na Guarda , ten sesenta e tres anos e dirixe a Asociación Érguete Baixo miño dende a súa creación no ano 1990. Tivo que comenzar de novo a traballar porque o pai emigrou e deixou o contacto coa familia. Dende 1958 é mancebo da farmacia , un traballo que o puxo en contacto directo cos problemas das drogodependencias. Funda en 1979 a Agrupación Cultural Guardesa onde tivo cargo directivo ata o 2004. En 1981 funda a Agrupación Socialista guardesa e pertence á Executica do Val Miñor-Baixo Miño. Forama parte do primeiro Grupo Municipal Socialista da Guarda en 1983 e dimite para adicarse enteiramente á Érguete Baixo Miño. Desde ese momento a súa meta foi conseguir unha Unidade de Axuda ó Drogodependente no Baixo Miño . Amais do labor da asociación persoalmente plantou cara e denunciou públicamente a impunidade coa que traficaban con drogas certos individuos da comarca e de Portugal. Despois de tantos anos de esforzo e a piques de xubilarse, vai agardar ata as eleccións de 2007 por un relevo. O seu soño ,un Plano Comarcal sobre Drogas e que as próximas xeracións fagan mellor o traballo social.

Redactado por ACEA el Martes 25 de Abril de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.