Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Sobre a intolerancia

Jueves 27 de Abril de 2006

Comentario ó debate creado polo artigo sobre o Aniversario da II República.
Permitídeme que discrepe parcialmente coas vosas opinións, con firmeza, porque creo que o debate debe ser limpo e aberto. Non pido orde xudicial, nin recurso á autoridade pola forza. Existe outro tipo de xusticia: a xusticia moral.

E bastaría, se ese Eu tivese un pouco de dignidade, bastaría somentes cunha mensaxe de excusas. Mea culpa. Punto. Porque non se trata de que a democracia permita expresar as opinións persoais, e discrepar, senón que se trata do contido e das intencións desas expresións. Trátase de declamar unha enérxica protesta ante comportamentos que dicen pouco a favor de valores tan básicos da nosa sociedade civilizada como é o respeito. Das ideas, das opinións, da honradez en suma, da convivencia.

¿Donde está a discrepancia e o debate das ideas naqueles noxentos palabróns? ¿Dónde está a intelixencia de tales comentarios? Parece como unha faísca que estourara daquela cavernícola chamada á que intelixencia debe morrer … ¿Pode ou debe considerarse un mesquiño exabrupto como unha discrepancia democrática? Non. Tales comportamentos non deberían ter cabida en espazos de liberdade e de opinión compartida por cidadáns honrados. E son preceptos que deberían ser sacros.

É necesario entender o que pasou no mundo, o que pasa no mundo, o que nos pasou a nós, o que pode pasar. Houbo miles de mortos, vidas que se exterminaron nunha persecución gratuíta e feroz, sen alma, sen humanidade. ¿Porqué se expiaron nas fauces da bestia rabiosa tantas vidas irmáns e inocentes? Sangre xoven e savia necesaria perdida para sempre, pero que persiste na memoria como unha incisión, como unha ferida acoitelada todavía tébeda e espantosa pola que fuxe a vida tenra e inocente do teu irmán, do teu pai, do teu abó, do teu amigo, do teu veciño…

É necesario entender estas cousas. Preservalas na memoria como un tesouro, no espazo sacro do patrimonio e do legado colectivo. Porque neste tipo de descalificativos é francamente terrible pensar que a memoria dos nosos antepasados que ofreceron a súa vida por lograr un mundo millor poida ser profanada e enlodada de maneira tan irresponsable. Permitídeme entón que discrepe, nun alegato que pretende ser como un sentimento silencioso de oposición ás tebras do fanatismo. Para que todo isto non se convirta nun eufemismo de discrepancia. Discrepo.

E logo, con delicadeza avanzarei a palma da minha man. Nela depositarei estas verbas que quero sexan de gratitude. Conteñen ecos de voces que gardan o susurro fervente do corazón ferido daquela España mártir da guerra fratricida. Deixo eiquí, encol deste ar e destas augas, estas verbas enfiadas que nos amparan, coa esperanza de que como un tributo voen por riba do aire, e poidan pousarse mansamente na terra, que se filtren nos estratos das campas, ate chegar ao alento húmido dos choros das inocentes víctimas daquela afrenta inútil.

Para que se disolvan con eles no seu silenzo, no seu repouso. En paz. Como voces de escuma, como sombras de estatuas de sal, como o aire amansado so das ás dos paxaros, como o ir e como o vir do canto das mareas. Sal. Salmo. Sangre. Canto. Loor. Honra.

Recibide namentres os meus millores sentimentos de liberdade e fraternidade.

O artigo que orixina este artigo é LXXV aniversario da II República Española de José A. Uris Guisantes.

Redactado por Manuel Álvarez Álvarez el Jueves 27 de Abril de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.