Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Fernando Coello gañador do concurso de cartéis da festa da Lagosta 2006

Jueves 27 de Abril de 2006

Clic para ampliarEsta mañá deuse a coñecer o gañador do concurso de cartéis da festa da Lagosta 2006 e resultei ser eu. Fáeseme raro ter que dar unha nova que se refira a min mesmo, pero esta páxina está para informar e iso hai que facer :)

Este ano só se presentaron 4 cartéis e un foi descalificado por non cumplir as dimensions (un pouco quisquilloso o xurado na miña opinión, hoxe en día co ordenador modificas as dimensións nun intre).

O deseño basease nun estudio tipográfico e a combinación de catro cores verde, azul, vermello e negro sobre fondo branco. Os elementos gráficos empregan as 3 primeiras cores e os tipográficos as dúas últimas sendo o vermello o nexo de unión entre ambos. Prentendía ser chamativo e sinxelo ó mesmo tempo.

Para o que lle interese, adícome ó deseño gráfico e de páxinas Web, na empresa Índice Comunicación y Diseño. Facemos todo tipo de traballos, campañas publicitarias, logotipos, rótulos, envases, catálogos en papel e Internet, CDs promocionáis, etc. Podedes chamarnos ó 986 61 18 38 ou 657 977 021. Noso enderezo electrónico é correo@indicepublicidad.com. Estamos en Brasilino Álvarez, 6 Entlo. B, A Guarda.

Cartéis participantes. lagosta06_2.jpg  lagosta06_3.jpg
 
lagosta06_4.jpg
Cartel descalificado por non cumplir as dimensións requeridas

Gracias a Abraham por la fotografías de los carteles.

Redactado por Fernando Coello el Jueves 27 de Abril de 2006
Comentarios

Noraboa campeón!
Gústame, a primeira impresión é agradable, sobre todo ese fondo tan atractivo e as formas simples son un acerto. Agora deixa un pouco para os demais e non te presentes ao do viño...

Enviado por: Fonso el Jueves 27 de Abril de 2006 a las 19:17

Muy chillout. Enhorabuena ;-)

Enviado por: caligari el Jueves 27 de Abril de 2006 a las 23:45

Noraboa polo premio Fernando, foi un acerto, poida ser un dos mais logrados ata agora.
Unha aperta.

Enviado por: marouco el Viernes 28 de Abril de 2006 a las 07:46

Felicidades Fernando!!!!!

Enviado por: Jorge Alonso el Viernes 28 de Abril de 2006 a las 08:28

Muy bonito y alegre el diseño. Felicitaciones una vez mas

Enviado por: Joaquin Fernandez el Lunes 1 de Mayo de 2006 a las 17:33

Un poco tarde, pero ahí van mis felicitaciones por el premio obtenido. Muy "fresco" y sugerente. Enhorabuena!!!

Enviado por: Veneciana el Viernes 2 de Junio de 2006 a las 10:10
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.