Concurso do cartel anunciador da XIV Feira do Viño do Rosal
Viernes 14 de Abril de 2006
O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os productos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIV Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas.
BASES
1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro.
2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador.
3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase.
4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.
5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XIV FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 14, 15 e 16 DE XULLO DE 2006.
5.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.
6.- Os traballos deberán ser presentados no Rexistro Xeral do Concello do Rosal (Praza do Calvario, 1 - 36.770 O Rosal) coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIV Feira do Viño. Concello do Rosal”. Na instancia facilitada ó efecto constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación.
7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 12 de maio de 2006 ás 13:00 horas.
8.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.
9.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 20 de maio. A entrega do premio realizarase nos actos programados a tal efecto na Feira ou no momento e xeito que se estimara.
10.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.
11.- O Concello devolverá os orixinais non premiados que sexan reclamados polos seus autores dentro do mes seguinte á celebración da Feira do Viño.
12.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.
Redactado por Fernando Coello el
Viernes 14 de Abril de 2006