Charla de José Carlos González na sede de ACEA
Lunes 1 de Mayo de 2006
Cheo total no local da ACEA para asistir á charla de José Carlos González Blanco, director do Centro San Xerome Emiliani que inaugurou o venres o ciclo de conferencias Por unha paixon que se desenvolverá durante o mes de maio.
O convidado explicou as dificultades polas que pasaron os pais para montar o centro de persoas con minusvalía psíquica en 1977 cando tiñan que pedir esmola nas igrexas para os seus fillos, que daquela , a sociedade ainda denominaba subnormais. Agradeceu tódolos apoios que lles brindaron e brindan durante estes anos, empresas, familias, particulares, o colectivo de mariñeiros, músicos e voluntarios que colaboran desinteresadamente co Centro.Criticou á igrexa e aos políticos que durante estes anos non quixeron colaborar ou puxeron e poñen atrancos mesmo para que reciban subvencións. Entre os anécdotas dos atrancos políticos citou a Fraga Iribarne. Contou que, en 1990, tiñan paralizadas as obras do centro e pasaban moitas dificultades nos locais provisionais. Fraga inauguraba na Guarda o monumento ó mariñeiro e decidiron manifestarse con pancartas para pedir a continuidade das obras. O actual alcalde quixo mediar e levou ó director a falar persoalmente con Fraga. O daquela Presidente galego díxolle.” Si hasta ahora les ha ido mal, a partir de ahora les irá peor.”
Redactado por ACEA el
Lunes 1 de Mayo de 2006