Charla de Agustin Ferreira na sede de ACEA dentro do ciclo "Unha Paixón"
Miércoles 3 de Mayo de 2006
O próximo venres, 5 de maio ás 20:30 horas a Asociación Cultura Eliseo Alonso programa no seu local de Goián a segunda das catro charlas do ciclo Por unha paixón Agustin Ferreira Lorenzo , fundador e presidente de ANABAM é unha das catro persoas convidadas por levar vinte anos dirixindo asociacións do Baixo Miño que son referente para os habitantes dos concellos da comarca.
O seu traballo, esforzo e “paixón polos demais” fixeron realidade tanxible valores, conceptos e ideas que, coma a solidariedade, o compromiso medioambiental ou a cooperación, hoxe, cada vez máis, non só asumimos senón que xulgamos irrenunciables.
Agustín Ferreira é fundador e presidente da Asociación naturalista “Baixo Miño” dende a súa creación no ano 1985.
Naceu na Guarda en 1953, é mestre e leva vinteun anos ó frente de Anabam, unha asociación pioneira en Galicia na defensa do medio ambente. Habitualmente imparte cursos sobre natureza e ten publicados numerosos artigos en prensa, revistas e boletíns. Foi cofundador da Agrupación Cultural Guardesa e actualmente é Vogal no Consello Galego de Medio Ambente e representante dos grupos ecoloxistas de Galicia no Parque Natural do Monte Aloia.
Anabam promoveu e participou en numerosas campañas de defensa do río Miño, conseguiu que se preservara o esteiro do río como zona protexida , realiza os censos de aves anuais nese entorno e leva a cabo unha labor de educación ambiental orientada a escolares para aumentar a sensibilización dos habitantes da comarca co seu entorno.
Para presentar a Agustin Ferreira contaremos coa presenza do Presidente da Associaçao de Defesa do Patrimonio COREMA, José Gualdino Correia. Ámbalas duas asociacións comparten ,dende as duas beiras do Miño a preocupación polo futuro do rio e o seu entorno e teñen participado xuntas en diversas campañas de defensa ambiental como a oposición ó encoro de Sela en Arbo.
Os seguintes convidados serán tres membros da directiva da Agrupación Musical do Rosal, o 12 de maio, e José Antonio Uris, presidente de Érguete Baixo Miño, pechará o ciclo o 19 de maio.
Con estes catro testemuños directos queremos mostrar de primeira man as razóns que moveron e moven a estas persoas , coñecer os seus esforzos ,as ilusións cumpridas e as que ainda están por cumprir. Queremos que este ciclo, patrocinado por La Caixa, sexa para eles, para estes “apaixoados” unha modesta pero apaixoada homenaxe pública.
Redactado por ACEA el
Miércoles 3 de Mayo de 2006