Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Mocion sobre os servizos nas praias

Viernes 12 de Mayo de 2006

Está a punto de empezar o verán e como cada ano hai que tomar as medidas necesarias para que tódalas praias da localidade estean en perfecto estado.

As praias están entre os lugares mais concorridos na época estival e, dende o Concello e o Padroado de Turismo, debe facerse tódolos esforzos posibles para ofrecer praias seguras, limpas e con dotación de primeiros auxilios, tanto para os turistas como para os guardeses. Non desexamos que volvan a repetirse situacións como as do ano pasado na que a praia de Fedorento se declarou non apta para o baño, e o que foi peor, non se advertiu ós bañistas este contratempo. Estamos especialmente preocupados por a noticia publicada por FARO DE VIGO o día 30 de abril titulada “La UE expedienta a España por la contaminación de 75 playas gallegas”, xa que unha das praias que aparecía no listado era a praia do Codesal na Guarda. Sería desexable que as actuacións para poñer as praias en condicións non se alargaran mais ala do 15 de xuño, senón parecería que preparamos as praias solo para os visitantes.

Polo exposto propoñemos que o Pleno da Corporación adopte os seguintes compromisos:
1º.- Ampliar a dotación de servicios hixiénicos as praias que aínda non os teñen.
2º.- Tódalas praias terán papeleiras e/ou contedores de lixo.
3º.- Ampliar o servicio de ducha as praias que aínda non contan con el.
4º.- Dotar de balizas eficientes ás praias mais grandes, sobre todo as do río pola súa perigosidade.
5º.- Ampliar a dotación de primeiros auxilios e mellorar a atención que prestan ós bañistas.
6º.- Ampliar o servicio de socorristas.
7º.- Adoptar as medidas necesarias para eliminar a contaminación da praia do Codesal e realizar os tramites para que sexa borrada do listado de praias contaminadas.
Redactado por Grupo Municipal Socialista el Viernes 12 de Mayo de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.