Convocatoria de dúas Bolsas de Estudios para realizar actividades de Información, Animación e Promoción Turística do Concello do Rosal
Martes 9 de Mayo de 2006
PRIMEIRA.- Obxecto: As presentes bases teñen por obxecto a convocatoria de dúas bolsas de estudios para prácticas de actividades de información, animación e promoción turística, unha delas subvencionada polo Padroado de Turismo Rías Baixas, e outra polo Concello do Rosal. Estas bolsas están destinadas a diplomados/as ou titulados/as en Turismo ou ben a estudiantes de Turismo
SEGUNDA.- Beneficiarios/as: Poderán optar a estas bolsas as persoas que estean en posesión das seguintes titulacións:
- Técnico Superior en Información e Comercialización (MEC)
- Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente. Así mesmo, considerarase calquera titulación de grao medio ou superior relacionada cos contidos da ocupación.
- En caso de non ser posible a contratación de persoas coas titulacións indicada poderanse seleccionar estudiantes desas titulacións.
TERCEIRA.- Duración e dotación económica. O período de duración da actividade a realizar será de catro meses a partir da data de inicio. A xornada será de trinta e seis horas semanais, incluíndose sábados, domingos e festivos, distribuíndose en función das necesidades e actividades que o concello organice ou nas que participe.
A dotación económica da bolsa correspóndente a titulado ou diplomado en Turismo e subvencionada polo Padroado de Turismo das Rías Baixas é de 3.000€, que serán satisfeitos por mensualidades vencidas de 750€ cada unha, computadas dende a data de inicio das actividades.
A dotación económica da bolsa correspondente ó concello, será de 2.400 €, que serán satisfeitas en mensualidades vencidas de 600€ cada unha, computadas desde a data de inicio da actividade.
CUARTA.- Natureza da bolsa: Os beneficiarios/as das bolsas non terán relación laboral nin contractual co Concello nin serán incluídos na Seguridade Social. Non obstante, o Concello formalizará un seguro individual de accidentes ó beneficiario/a da bolsa, que cubra ese risco durante a duración da mesma.
QUINTA.- Tarefas: As tarefas que desenvolverán os/as bolseiros/as serán de información, animación e promoción turística, e terán lugar tanto nas dúas Oficinas como nos lugares que o Concello considere de interese.
O final do período os bolseiros/as entregarán unha memoria na que recollan unha referencia das prácticas realizadas, demandas dos turistas e propostas de acción para mellora-la oferta turística.
SEXTA.- Solicitudes: As persoas interesadas presentarán no Rexistro Xeral do Concello solicitude segundo modelo xeral que se lles facilitará nas oficinas municipais ou que poden atopar na páxina web www.concellodorosal.es, achegando coa mesma a documentación pertinente. A presentación das solicitudes poderá facerse dende a publicación das presentes bases no taboleiro de anuncios do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, rematando o prazo o venres, 29 de maio, ás 14:00 horas. As instancias virán acompañadas da seguinte documentación:
• Copia compulsada do DNI ou NIF.
• Copia compulsada da titulación en Turismo.
• No suposto de ser estudiante, certificación do centro onde curse estudios así como certificación das cualificacións obtidas.
• Copia compulsada dos méritos que alegue o solicitante.
SÉTIMA.- Na selección valoraranse os seguintes méritos:
• Diplomatura en Turismo 2 puntos.
• Outra titulación oficial relacionada 1 punto.
• Experiencia en prácticas de información turística 0.10 puntos por mes traballado ata un máximo de 1 punto
• Curso de iniciación ó galego 0.25 puntos.
• Curso de perfeccionamento do galego 0.50 puntos. Unicamente valorarase o curso de nivel superior
• Coñecemento doutros idiomas 0.25 puntos por curso superado na Escola Oficial de Idiomas ata un máximo de 1 punto.
• Entrevista de 0 a 3 puntos.
OITAVA.- Con data 31 de maio ás 10:00 horas, terá lugar na Casa Consistorial a entrevista co/as candidatos/as presentados/as.
NOVENA.- O tribunal cualificador estará formado polos seguintes membros:
Presidente: O sr. alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
Vocais: A concelleira de Turismo ou concelleiro/a en quen delegue.
Un representante dos traballadores.
Secretario: o da Corporación ou funcionario en quen delegue
DÉCIMA.- Valorados tódolos méritos alegados polos aspirantes que reúnan as condicións esixidas, o tribunal proporá ó Sr. alcalde ós beneficiarios/as das bolsas para que sexan adxudicadas por este.
UNDÉCIMA.- A solicitude das bolsas implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.
O ROSAL, 9 de maio de 2005
Redactado por Concello do Rosal el
Martes 9 de Mayo de 2006