A Delegación de Educación vai acometer importantes inversións nos centros educativos do Concello
Martes 16 de Mayo de 2006
O Delegado de Educación confirmoulle hoxe ó noso portavoz municipal , no transcurso dunha entrevista celebrada en Pontevedra, que en breve visitará a nosa localidade e anunciará unha importante inversión na meirande parte dos centros educativos públicos do Concello.
Esta entrevista enmárcase dentro dunha serie de xestións que o portavoz socialista está a realizar con distintos responsables da Administración Autonómica para dar a coñecer as nosas necesidades e solicitar inversións que dean satisfacción ás mesmas.
Xa no mes de outubro do 2005, Freitas lle fixera chegar noutro encontro a necesidade dunha maior atención ás instalacións educativas que , durante bastantes anos, estiveron pouco atendidas pola anterior administración.
É un motivo de ledicia para nós e para toda a comunidade educativa que as nosas peticións, que son as peticións dos equipos directivos e claustros dos centros, obteñan resposta positiva da Delegación o que, sen dúbida, vai redundar nunha maior calidade educativa.
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Martes 16 de Mayo de 2006