Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Clausura do ciclo 'Por unha paixón'

Jueves 18 de Mayo de 2006

A Asociación Cultural Eliseo Alonso programa para o próximo venres 19 de maio ás 20:30 horas no seu local de Goián a derradeira charla do ciclo Por unha paixón que patrocina La Caixa.

Un ciclo no que participaron os fundadores de catro asociacións da comarca do Baixo Miño que levan máis de vinte anos desenvolvendo un labor fundamental de xeito “apaixoado” comprometéndose coa cooperación, a solidariedade, a integración, a defensa ambiental ou a música.

O convidado nesta ocasión é José Antonio Uris Guisantes, presidente de Érguete-Baixo Miño dende a súa creación na Guarda no ano 1990. Antes de crear a asociación, en 1985 comenzou a atender ós afectados prestándolle apoio ás familias.

Naceu na Guarda e ten sesenta e tres anos . Dende 1958 é mancebo da farmacia, un traballo que o puxo en contacto directo cos problemas das drogodependencias.

Funda en 1979 a Agrupación Cultural Guardesa onde tivo cargo directivo ata o 2004. En 1981 funda a Agrupación Socialista guardesa e pertence á Executica do Val Miñor-Baixo Miño. Forma parte do primeiro Grupo Municipal Socialista da Guarda en 1983 e dimite para adicarse enteiramente á Érguete Baixo Miño. Desde ese momento a súa meta foi conseguir unha Unidade de Axuda ó Drogodependente no Baixo Miño.

Amais do labor da asociación persoalmente plantou cara e denunciou públicamente a impunidade coa que traficaban con drogas certos individuos da comarca e de Portugal.

Despois de tantos anos de esforzo e a piques de xubilarse, vai agardar ata as eleccións de 2007 por un relevo. O seu soño, un Plano Comarcal sobre Drogas e que as próximas xeracións fagan mellor o traballo social. Vai presentalo José Troncoso, traballador sanitario da comarca.

Estas charlas son testemuños directos cos que queremos mostrar de primeira man as razóns que moveron e moven a estas persoas, coñecer os seus esforzos, as ilusións cumpridas e as que ainda están por cumprir. Queremos que este ciclo sexa para eles, para estes “apaixoados” unha modesta pero apaixoada homenaxe pública.

Redactado por ACEA el Jueves 18 de Mayo de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.