Torres de salvamento nas praias do Concello
Sábado 3 de Junio de 2006
En marzo do 2005, PP e IVdoBM aprobaron en Pleno, co noso voto en contra, un convenio cunha empresa chamada Gestión de Mecenazgo para que esta instalara quioscos ou torres-quiosco en diversas praias do Concello por un período de 10 anos.
Na súa cláusula terceira o convenio di : “ o Concello poderá propoñer, se o considera oportuno, a persoa ou persoas que necesiten o traballo e de entre as cales gestión de Mecenazgo elixirá a máis cualificada..” Curiosa, cando menos, a forma de selección das persoas que van rexentar os quioscos ou torres-quiosco.
Pero ademais disto, non soubemos nunca cales eran os beneficios que nos reportaba o convenio. O Alcalde dixo, daquela, que “uns servicios, unha cousa digna”.
Logo chegou o verán e os quioscos instaláronse en tres sitios onde non cumprían a súa misión fundamental : garantir a seguridade dos usuarios da praia. Puxéronos ou entre os pinos ou mesmo tapados por unha casa. Só servían como chiringo e, nin iso, porque non funcionaron en todo o verán.
Como o convenio debe seguir en vigor, instamos a que dende o Concello se sinalen como lugares de ubicación das torres-quiosco (os quioscos non nos valen, só son negocios) aqueles situados en primeira liña de praia e que posibiliten, para os vixiantes, o maior campo visual. Carecería de sentido que primara o negocio sobre a seguridade e que Gestión de Mecenazgo se convertira en Gestión Económica, co consentimento do grupo de goberno do Concello. Dende logo, as ubicacións do ano pasado carecían de sentido.
E aínda con boa ubicación, as torres non valen para nada se non contan con personal cualificado de vixiancia e salvamento.
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Sábado 3 de Junio de 2006