| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Acceso inalámbrico a Internet de banda ancha en todo o ConcelloMartes 6 de Junio de 2006
España atópase a cola da Unión Europa en porcentaxe de fogares conectados a internet, en Europa a media é do 48% (contando as últimas incorporacións a Comunidade) mentres que en España é do 34 %. Galicia atópase a cola de España en porcentaxe de fogares conectados a internet, a porcentaxe en Galicia é do 25,4%, tan so está por diante de Extremadura. En vista destes datos as distintas administracións: Europea, Goberno Central, Xunta de Galicia e algúns Concellos están a tomar medidas e desenvolver proxectos para aumentar a penetración da sociedade da información en Galicia. Os programas de actuacións para o desenvolvemento da sociedade da información en Galicia que se existen na actualidade contemplan as seguintes áreas de actuación:
Os principais inconvenientes que atopamos os galegos para contratar o acceso ADSL a internet son o prezo e a falta de dispoñibilidade. Os guardeses non somos unha excepción, a maioría dos teléfonos de A Guarda non se poden acoller as ofertas das empresas porque non teñen dispoñibilidade xeográfica. No caso de Camposancos nin sequera chega a ADSL. O prezo da ADSL en España é moi elevado so superado por Irlanda e Portugal. Existen en Galicia iniciativas privadas para ofrecer este servicio os cidadáns a prezos razoables e incluso de forma gratuíta: asociacións de internautas, asociacións de comerciantes, en hoteis, en cafeterías, etc. A Guarda é un Concello pequeno, 20,5 km2, ten tan solo 3 parroquias e unha densidade de poboación moi alta, isto fai moi viable a implantación dunha rede pública inalámbrica (Wifi) para que tanto os guardeses coma turistas e visitantes poidan acceder a internet libremente dende calquera punto do Concello ofrecendo así, a tódolos cidadáns, un servicio que nas sociedades desenvolvidas está considerado coma un servicio básico. Polo exposto instamos a que o Pleno do Concello adopte o seguintes acordos: 1.-Iniciar as xestións para a implantación no Municipio unha rede pública de banda ancha que permita a conexión a internet dende calquera punto do territorio. 2.-Reservar nos presupostos do 2006 unha partida para empezar a executar este proxecto. Redactado por Grupo Municipal Socialista el Martes 6 de Junio de 2006Comentarios
Esta idea suxerinlla eu á asociación de comerciantes ábaco, pero estes nin sequera me responderon. A idea é moi boa, pero debo dicir que non esperaba que se chegase a tanto, no senso de que a wifi fose libre (recordemos o caso de Ponteareas). ¿A quen lla suxeriste? Non teño constancia diso e eu sun o encargado das relacións cos medios. Enviéille-la ó correo (correo@asociacionabaco.com). Propor unha rede wifi non custa cartos. Leva-la a práctica Xa é outra cousa. Cando se está na oposición, non custa moito facer ese tipo de propostas. Falar hoxendía de "dereitas" e de "esquerdas" é, na miña opinión, un prantexamento demasiado simple. Hai governos de esquerdas que actúan como se fosen de dereitas, é decir, de xeito caciquil e clientelista, e hai governos de dereitas que governan para tódolos cidadáns. Propor unha rede wifi en todo o Concello, e non propor/reivindicar/demandar - ou que se considere oportuno - unha maior dotación no Centro de Saúde de A Guarda, de medios de transporte para levar en condicións dignas, os cidadáns que precisen ser atendidos nos hospitais de referencia, somentes me parece un "brinde o sol", para tentar quedar bén. Pero xa que falamos de rede wifi, de comunicacións e demáis cousas, eu queixera plantexar algunhas preguntas: Ferriños Enviado por: Ferriños el Martes 27 de Junio de 2006 a las 21:46David... Estiven repasando os correos de 'ábaco' e a min non me chegou esa mensaxe. ¿Non lla mandarias a abaco@aguarda.com? Ese enderezo canceleino cando mercamos o dominio... e que me extrana que non me chegue unha mensaxe e non me gusta nada ler que alguén nos mandou algo e nen sequera respondemos. Ferriños, iso que comentas é moi interesante, pero creo que é mellor sitio dicilo nos foros... anímoche a facelo. Comentar este artículo
|