Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Radio Camposancos

Sábado 10 de Junio de 2006

En maio de 1988 comezou a emitir no dial 93,5 da F.M. a emisora de radio “Radio Camposancos” que era unha RADIO PIRATA-. Emitía dende “algún lugar do pobo” a partir das oito da tarde. Posiblemente preto da Granxa-San Mauro.

Comezaba a emisión ca mensaxe “Radio Camposancos non está en contra de nada nin de ninguén, salvo daqueles que estén en contra de Camposancos”.

Nacía segundo seu director clandestino José Benito González Sousa “Benito da Granxa” con “dez mil intencións”, pero como os Mandamentos da Lei de Deus…”para facilita-la comunicación entre os propios camposinos, ó mesmo tempo que se reflexan os problemas existentes no resto da sociedade que son bastantes, pero ademais con unha clara intención segregacionista que se plasmaron nos derradeiros meses”.

“Tamén e froito da inquietude cultural, que xa non é nova, e que trata de indagar aínda mais, afondando nas raíces históricas a fin de conserva-la memoria, e sen destrui-lo peculiar de Camposancos”.

A programación era case que na totalidade en galego durante tres ou catro horas semanais-non fixas- co obxeto de facer probas, ata que se poidera legalizar.

O mais interesante para min era o “Noticieiro Local”, no que se recollían as novas do Municipio que “ían dende o estado griposo de fulano….ata as Normas Subsidiarias de Ligero que endexamais foron aprobadas. Tamen se entrevistaba a alguén que tivera algo interesante que contar, unha mensaxe que comunicar, unha morte, un bautizo,unha voda e ata un recado.

Dicía Ligero “Raúl hai que ver como se pode pechar ésa radio CLAUDESTINA DE CAMPOSANCOS que nos está minando politicamente cos asuntos da “pala de Ligero” no Trega, nas leiras e camiños…. deben ser os socialista que están mais “verdes que as leitugas” os que están Ouveando na ferruxa esa da radio; vou a gañarlles por “goleada” é de “tacón”. Haber Raúl como “FURRULAS ” para arranxar este asunto, non vou eu a solucionar todo, sempre teño que poñela cara. O Gobernador é dos socialistas é faise o “lónguis”, así que menos misas e mais traballo.

Radio Camposancos tiña un espacio monográfico ou histórico, rematando con “O Galo de Caminha” sección humorística-irónica-fabuladora-, onde se dicían os “rumores”, “chascarrillos” e sobre de todo políticos que discurrían entre as xentes no día a día deste bendito pobo guardés.

O remate da emisión titulábase “Oración, despedida e peche-espada”, onde -seguindo outros modelos- a pregaria se substituía por un rogo as autoridades máximas locais Don Raúl González Puebla “o inefable” e Don Manuel Diaz González “Ligero”. Aquel que contaba…”cando saín da prisión de Carabanchel os presos choraban como madalenas” (estivera cumplindo condena por levar carneiros, frase posta aos xoves portugueses que se fugaban da República Portuguesa para non ter que ir a guerra de Africa (Angola, Mozambique e Guinea Visau), cobrando moitos cartos por sacalos da fronteira.

A experiencia da Radio Pirata de Camposancos foi sumamente interesante e sobre de todo novedosa e impactante nos contidos e aparación súbita no dial 93,5, dial que os guardeses sabían de memoria….

Haber se alguén se anima y temos unha Radio Local Plural e Democrática, non cómo a Radio Municipal destes dous anos pasados, coñocida como A Radio de F…..

Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 10 de Junio de 2006
Comentarios

José A. Uris Guisantes as opinions personales e politicas non teñen cabida nun feito historico como trata de relatar. Fago referencia a estos comentarios: " Haber se alguén se anima y temos unha Radio Local Plural e Democrática, non cómo a Radio Municipal destes dous anos pasados, coñocida como A Radio de F….."
eu non sou moi partidario de F.. pero hai que recoñecer que esa radio foi de e para a xente nova durante eses anos, valendolle de aprendizaxe, experiencia e un novo punto de vista para unha radio que anteriormente non existia

lembre.. unha publicacion seria como esta paxina non é a mesa da sua casa ...

Enviado por: invitado el Sábado 10 de Junio de 2006 a las 15:04

Sr. "Invitado" o artigo escrito por min non trata de ser HISTÓRICO, simplemente é unha colaboración picaresca....é teño todo o dereito do mundo de facer sátira.. ou mellor dito sátira burlesca...¡faltaría mais!.
Saudos.

Enviado por: José A. Uris el Sábado 10 de Junio de 2006 a las 20:40
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.