| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Radio Composancos IIDomingo 11 de Junio de 2006
A situación politica de Camposancos tamen era peculiar. O alcalde-presidente da Entidade Local Menor era Luís Pereira Díaz (socialista), meo irmán do Alcalde de A Guarda, Manuel Díaz González “Ligero” (de Alianza Popular), totalmente enfrontados politicamente, poñendo toda crase de impedimentos dende o Concello Guardés para melloras. Dende Radio Camposancos se impulsou a presentación do escrito (nos enteramos anos amis tarde) de segregación que quedou en nada; curiosamente quen mais puxaba era o propio representante posto por Ligero (Juan Esnola) que falaba “de abandono por parte do Concello de A Guarda que se pon de manifesto nas múltiples deficiencias da zona e a insatisfacción popular de perteñecer a A Guarda, esquecendo a indentidade de camposino, está orixinando unha guerra entre os veciños partidarios e os seguidores do grupo de goberno da Entidade”. Pedía “un estudio das ventaxas e desventaxas da separación do Concello e a constitución dun Concello propio”. “existen también vecinos mudos que por razones familiares todavía no se han manifestado, pero que están de acuerdo con la segregación cómo única medida para resolver el alejamiento al que están sometidos y que tienen como culpable al Ayuntamiento Guardés”. Ligero dicía que a petición de división ía en desacordo ca tendencia xeral de unificalas forzas en mancomunidades, e que Juan Fco Alonso Álvarez non cumplira ca Normas Internas de Alianza Popular, que obrigan a consultar as Mocións ca Xunta Local de AP “la posibilidad de que Camposancos se constituya en Ayuntamiento independiente me parece de risa”. A Moción quedou sen efecto manifestando os socialistas que o que demandaban os camposinos “era un trato de igualdade por parte do Concello” que presidía Ligero. Seguían dicindo que “o abandono da zona de Camposancos por parte de Alianza Popular con maioría no Concello e notorio, chegándose a consideración de parroquia terceiromundista en materia de servicios e de accesos”. “O verdadeiro problema que se plantexan os viciños e a necesidade de contar con unha serie de servicios prioritarios, esixindo que se tratase a Camposancos como parte do Concello de A Guarda e non como un irmán pobre”. Ademais os socialista contaban con catro representantes na Entidade Local Menor e A.P. tiña únicamente a Juan Fco Alonso que se quedou solo en todo…. En xullo de 1988 Juan Fco Alonso Álvarez “Esnola” volvía a ser entrevistado en Radio Camposancos (programa CERCA DAS ESTRELLAS), afirmando que “Camposancos tel mellores condicións para servir de refuxio marítimo internacional que A Guarda, que se atopa en mar aberto e con dificil acceso”. Fontes de datas: Faro de Vigo e Atlántico Diario. Redactado por José A. Uris Guisantes el Domingo 11 de Junio de 2006Comentarios
Save money! No Prescription Required. Worldwide Shipping. Comentar este artículo
|