'ábaco' organiza a Festa do Roscón de Xema este ano
Jueves 15 de Junio de 2006
Despois de varios anos de ausencia e ante a aparente falta de interés por parte do concello ou outras asociacións ‘ábaco’ afronta a responsabilidade de organizar a XI edición da Festa do Roscón de Xema da Guarda. Esta idea nace dentro da liña do fomento do turismo e do comercio guardés que ven seguindo dende a suacreación.
A festa terá lugar no porto o vindeiro 15 de xullo a partir das 5 da tarde.
O prezo da ración será de 2 € e irá acompañada dunha copa de moscatel ou dun refresco.
As pastelerías participantes son Estévez, Rogelio e Alameda, sendo duas delas non socias de ‘ábaco’ sin que isto resultase un impedimento. No seu día a Asociación mandou unha carta a tódalas pastelerías do pobo invitándoas a participar na festa.
Redactado por Fernando Coello el
Jueves 15 de Junio de 2006