| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Concerto presentación do festival IntegrAcciónViernes 23 de Junio de 2006
Máis de 200 persoas encheron a rebosar o local, nun concerto vibrante no que se percibía tanto no público como nos músicos o carácter solidario do evento. Abriron o concerto, Area (Roxo, Elías, Iván e Víctor), sorprendendonos con 5 novos temas cantados en castelán. Despois do descanso “forzoso”, o grupo está nestes momentos con máis forza que nunca. Seguiron a continuación Primer Grado (Edu, Iván, Miguel, David e Fran). Cun sonido arrollador, fixeron varios temas do seu primeiro CD, que presentarán no próximo mes de agosto, rematando cunha impresionante versión de Led Zeppelin. Pecharon o concerto o grupo punk madrileño,Commando 9 mm. aparecendo sorprendentemente na Guarda, despois do seu concerto o dia anterior en Vigo (La fábrica de chocolate) xunto co grupo guardés Los Abrasivos. Co seu sonido característico interpretaron temas míticos do grupo, nos que a voz de Manolo “Uvi” segue marcando estilo a pesar da nova formación, na que destaca a incorporación da guitarrista norteamericana Nora. Graciñas ós grupos participantes, a Edu e Víctor Fuggetto, a Felipe e Gene (escarabajos), e a Lucía e Abrasivos pola vosa solidaria colaboración. O concerto serviu de punto de partida do gran Festival “IntegrAcción. Música e solidaridade” que terá lugar no antigo Estadio do Tecla da Guarda o sábado 19 de agosto. Pronto informaremos do cartel definitivo deste Concerto. Para máis información visitade o Blog do Festival: http://festivalintegraccion.blogspot.com/ Crónica da organización. Comentarios
Comentar este artículo
|