Homenaxe ós fundadores da Asociación San Xerome Emiliani
Martes 27 de Junio de 2006
Con motivo do XXV aniversario da creación do Centro San Xerome (1981-2006), máis de 200 persoas homenaxearán este sábado dia 24 de xuño ós fundadores da Asociación.
O acto terá lugar ó longo da comida organizada pola ANPA no Restaruante do Cámping Santa Tecla.
Alí se daran cita profes, familias, alumnos e amigos do Centro para expresarlle o máis cálido agradecemento a aquel grupo de persoas que alá polo ano 1975 iniciaron esta aventura constituindo a Asociación, que daría lugar uns anos despois a creación do Centro.
Algunhas destas persoas xa non estan entre nos, pero estarán representadas polas suas viúvas: María del Mar (Prudencio Martínez), Raquel (José Riego), Emilia (Antonio “Valtierra”) e Olga (Hermelindo “Leza”), xunto a elas estarán o resto dos firmantes da Acta constituinte da Asociación: o seu primer presidente José Luis Montes, Angel Iglesias e Carmiña Alvarez. Non poderán asistir por estar ausentes Francisco Ferreira e Aurora Lomba.
Xunto coa homenaxe ós fundadores tamén haberá un recoñecemento para as 10 familias dos alumnos que estaban nos inicios e seguen no Centro: Ana Diego, Carmiña, Maite Lima, Rosa María,Miguel Portela, Celeste, Juan María, José Manuel, María del Mar e Jaime Amorín.
Despois do acto “oficial” haberá festa no mesmo recinto do Cámping: inchábeis, talleres, xogos, sorteos, piscina, música … e a actuación “estelar” do grupo musical Brisas de Tomiño.
O seguinte acontecemento conmemorativo do XXV aniversario, terá lugar o 19 de agosto no antigo Estadio do Tecla, coa celebración do Festival “IntegrAcción. Música e solidariedade”
Na fotografía, unha montaxe con fotos do 1981 dos alumnos que estaban nese primeiro ano e continúan agora no Centro.
Redactado por Fernando Coello el
Martes 27 de Junio de 2006