Roubos en garaxes no Baixo Miño
Martes 27 de Junio de 2006
A Garda Civil informounos de que este fin de semana tiveron lugar varios roubos en garaxes en Tui, Tomiño, Goián e A Guarda. Ó parecer son unha banda de rateiros portugueses que saen por España de movida e de paso van entrando en garaxes a roubar.
A técnica que empregan é a de esperar a que entre alguén no garaxe pola noite e algún deles entra detrás, espera a que se vaia o inquilino e ábrelle a porta ós compañeiros. Só parecen roubar en coches que teñan obxetos á vista no interior. Para isto rompen unha ventana facendo palanca cun destornillador.
Polo visto roubaron en 6 coches en Tui, 4 en Tomiño, 3 en Goián e 2 en A Guarda.
É moi importante vixiar que non entra ninguén nos garaxes cando se entre ou saia deles e non deixar nada á vista dentro dos vehículos.
Redactado por Fernando Coello el
Martes 27 de Junio de 2006