Esperanza Vázquez López gañadora do Concurso de Cartéis da Feira do Viño Do Rosal 2006
Lunes 26 de Junio de 2006
Este ano a gañadora do cartel anunciador da “XIV FEIRA DO VIÑO DO ROSAL” foi Esperanza Vázquez López natural de Tomiño.
Nestes últimos anos este evento recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días.
A XIV Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 14, 15 e 16 de xullo na Praza do Calvario. Nela estarán representadas a maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.
Redactado por Redacción el
Lunes 26 de Junio de 2006