'ábaco' advirte sobre a guía "Concello da Guarda - Porta do Miño"
Miércoles 5 de Julio de 2006
Despois ter lido atentamente a guía informativo-publicitaria editada baixo o nome de “Concello de A Guarda – Porta do Miño”, dende “ábaco” desexan facer notar que na mesma incúrrese en serios erros informativos coma:
- Nomes de ruas non actualizadas (Gral Franco).
- Innumerables erros ortográficos.
- Mal uso do vocabulario para algunhas terminoloxías (cultivo de viño).
- Rueiro con mixtura de nomes en castelán e galego (capela de Nuestra Señora de la Guía).
- Información histórica errónea (o museo do Trega é de 1953, e non de 1914)
- Incorrecta información xeográfica, xa que A Guarda non linda co Concello de Oia
- Información fluvial incerta, xa que non contamos con diversos portos fluviáis neste tramo do Miño para o atraque de embarcacións de recreo como se menciona, inda que nos gustaría.
- Inexactitud con respecto ás fiestas típicas, xa que se aconsella vir a participar de festas que xa non se celebran (enterro do peixe espada), e non se publicita adecuadamente á máis significativa coma é a do Monte.
Erros na “información de interés”, anunciando en primeiro lugar unha farmacia que non pertence a este concello, obviando algunha que sí pertence (Coruto), e dando algún número telefónico de outra, trabucado.
‘ábaco’ sinte ademáis, certo grado de discriminación cara ó comercio guardés, partindo da base de que se trata dunha guía que se refire ó Concello da Guarda e, en cambio, a meirande parte da información de interese que se facilita, non pertence a establecimentos deste concello.
En conclusión, ‘ábaco’ cree que se brinda unha información que en lugar de esclarecer, confunde; desprestixiando de certo xeito coas suas incorreccións ó pobo e os sevizos que ofrece.
Dende aguarda.com adxuntamos unha imaxe da portada desta “joyita” editorial. E informamos tamén de que algúns anunciantes queixaronse tamén da mala calidade e alto prezo da publicidade na devandita guía.
Redactado por ábaco el
Miércoles 5 de Julio de 2006
As fotos estupendas???????
Eu ainda estou abraiado coas da alfombra da praza do reló e a da igrexa parroquial que son realmente horrendas para calquera guia.
suspenso xeral na miña opinión para a guía e moi moi deficiente para as fotografias