Nota de prensa do Grupo Municipal Socialista
Martes 1 de Agosto de 2006
No Pleno do Concello de A Guarda celebrado o día de hoxe ( 31 de Xullo do 2006) sobre a CONTA XERAL DO 2004 o Grupo Municipal Socialista manifestou o seguinte:
1-Respecto dos prazos, dixemos que a Conta sobre a que deberíamos de estar a falar é a do 2005, xa que a Lei (Texto Refundido de la Ley sobre Haciendas Lacales) establece que antes do mes de Outubro do ano seguinte ó da súa execución a Conta Xeral ten que pasar polo Pleno para a súa aprobación e posterior remisión ó tribunal de Contas. Este concello leva un ano de retraso.
2-Das inversións do 2004 o bipartito de entón formado por PP-IVBM, gobernando en maioría e con tres adicacións exclusivas, só foi capaz de pór en marcha o 50% do Plan de Inversións. No 2004 xa comezou a perda de subvencións ( como parte da subvención para o Plan Xeral, ou a de educador familiar), e tan pouco fixeron que teñen deixar para o 2005 a cantidade de 855.000€ deixando no caixón proxectos coma: rúa inguieiros, inversións Monte Sta Tegra, redacción do Plan xeral, inversións en recollida do lixo, proxecto arquivo histórico municipal e un longo etc..
3-Falando dos gastos, este goberno municipal gasta tan alegremente que deapois tiveros que facer un recoñecemento extraxudicial por importe de263.000€ cando había pouco acababan de facer outro por outros 100.000€. E dicir, gastan por riba das posibilidades e sen ter en conta o procedemento.
4-Foron incapaces de aprobar o Padrón de Lixo, de Sumidoiros, e tampouco o de entrada de vehículos.
5-Na Conta Xeral pónse de manifesto que inflaron o presuposto municipal do 2004, así o impostode contruccións está inflado un 51%, o de licencias urbanísticas un 58%, licencia de apertura de establecementos un 41%. Todos os ingresos que dependen directamente do concello estaban inflados no orzamento do 2004.
6-No 2004 oubo 11 reparos deintervención, once. Nos cales producíase: omisión da tramitación do gasto, prescindíase totalmente do procedemento establecido, non existe constancia de tramitación de expediente de contratación, nin certificación técnica que acredite a realización da obra, elúdense os principios de publicidade e concorrencia, non consta a existencia de partida orzamentaria…..todo isto afecta a obras e servicios que superan o importe dos 132.000€.
7-Respecto do Patronato Monte Sta Tegra o equipo de goberno non fixo absolutamente nada. Nin sequera foron capaces de gastar os cartos que estaban destinados a publicidade, cos beneficios que iso xera sobre tódolos sectores económicos do noso pobo.
O Grupo Municipal Socialista terminou dicindo que o 2004 foi un ano de stand-by que marca un punto de inflexión hacia o que será a debacle na xestión política que é o ano 2005 e posteriores (xa que seguen polo mesmo camiño). O 2004 foi un ano no que non foron capaces de resolver (estamos a 2006 e seguen os mesmos problemas) a situación do Ferry con Caminha, nin de abrir a rúa Inguieiros, nin de solventar a saída sur para o concello, nin nada sobre aparcadoiros ou vivendas sociais. A única festa que organiza o Concello converteuse nunha fonte de incógnitas ó non saber ninguén como se organizou o que retrata a un equipo de goberno no que cada un campa polo seu lado sen unha organización conxunta e coordinada, facendo somentes unha política de compadreo, clientelismo e amiguismo.
Todo o dito pódese resumir en que o Sr Alcalde non escoitou a mensaxe dada polo Grupo Municipal Socialista no 2003, cando nós nos comprometíamos a sacar adiente os grandes temas da Guarda. Nese momento, preferiu a uns personaxes que co devenir do tempo convertéronse no seu maior enimigo, e o que é peor acabaron convertidos no maior enimigo para o noso pobo, sendo un serio obstáculo para o desenvolvemento, o progreso e o crecemento de a Guarda.
A Conta Xeral do 2004 foi reixeitada polo Pleno do Concello.
A Guarda, 31 de Xullo do 2006
Grupo Municipal Socialista de A Guarda
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Martes 1 de Agosto de 2006