Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Acordo entre o Foro Galego de Comercio e a SGAE

Domingo 6 de Agosto de 2006

O Foro Galego de Comercio do que ‘ábaco’ é membro fundador acaba de pechar unha negociación coa SOCIEDAD GENERAL DE AUTORES DE ESPAÑA, pola cal o sector dahosteleria, socios dalgunha das asociacións do Foro beneficiaranse dun importante desconto no Canón “obrigatorio” que pagan a SGAE.

Bares, Cafeterías, Restaurantes, Salones de banquetes, Bares de copas etc. beneficiaranse dun desconto do 20 % na súa tarifa actual do CANON que pagan a SGAE.

Así mesmo, a partires do 1º de Xaneiro dos 2007 vaise a producir un cambio importante no Canón que se paga, polo que é convinte que a partir de setembro e con carácter de urxencia, documentemos e coñezamos os contratos dos nosos asociados para conseguir que se apliquen as tarifas de acordo co desconto do 20 %

Esta negociación e firma de convenio favorece en gran medida as asociacións do Foro, pero é, sobre todo, un importante aforro de costos para o conxunto de hosteleiros das asociacións Foro.

Este convenio ten previsto firmarse na sede do Foro en Cangas o día 6 de setembro do 2006. Consideramos de vital importancia se dea xa a coñecer este feito, pois é unha maneira de aforro de costos para os nosos asociados e a moi probable captación de novos socios de hostelería nas asociacións locais. O convenio é exclusivo para o Foro, así será necesario emitir un certificado o asociado que queira beneficiarse para poder favorecerse das tarifas reducidas.

As condicións definitivas, as tarifas, o mecanismo de funcionamento daranse a coñecer en breve.

Redactado por Redacción el Domingo 6 de Agosto de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.