| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
O Arquitecto Municipal que informaba as súas própias obras é contratado de novoJueves 24 de Agosto de 2006
A presión e denuncia do Grupo Municipal Socialista fixo que o Alcalde non lle renovara o contracto polo que dita persoa deixou de ser Arquitecto Municipal. Con estupor comprobamos estes días que “por decreto” o Alcalde contracta de novo os servicios de dito señor como Arquitecto Municipal. ¿Que está a pasar aquí? ¿ Por que se contracta de novo a unha persoa que está moralmente inhabilitada para exercer ese cargo dada a súa conducta deshonesta e parcial de hai meses? ¿Cales son os intereses que atan tanto a Riego e a Melero? ¿Por qué o P.P. consinte este tipo de conductas? A resposta ten que estar relacionada con temas urbanísticos quentes e co novo Plan Xeral que está enriba da mesa. Estamos convencidos que son os últimos coletazos dun goberno municipal que pretende a toda costa preservar os seus intereses, sabedores de que a cidadanía non lle vai renovar a confianza nas elección municipais de maio do 2007. Resulta sospeitoso que, neste tema, tanto no mes de marzo como agora, o Sr. Rodríguez Fariñas non abra a boca, cando si o fai e de que maneira para outras cousas intrans cendentes. Igual que xa fixemos anteriormente, tanto en escrito por rexistro como no Pleno, de novo solicitaremos o cese inmediato desta persoa como Arquitecto Municipal. De seguir no cargo, cousa que non desexamos polo ben de A Guarda, o Grupo Municipal Socialista, que continuará exercendo o seu trabalLo de control no eido urbanístico, rexeitará calquera informe elaborado por dito técnico posto que non nos merece a máis mínima confianza.
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Jueves 24 de Agosto de 2006
Comentarios
Es normal el comportamiento de estos caciques, que gobiernan para sus amigos, y para sus intereses, que no son los del pueblo, pero si los de unos pocos,parece mentira que en La Guardia, un pueblo de marineros y trabajadores, haya un gobierno del PP. Comentar este artículo
|