Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Presentación do Libro Palabra da Terra

Miércoles 30 de Agosto de 2006

Este venres, día 1 de setembro ás 12:30 hs. preséntase no Concello do Rosal o libro “PALABRA DA TERRA: Galeguizar Galicia” enmárcase dentro do traballo que a Asociación de Funcionarios ven levando a cabo como colaborador permanente do Plan de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.

Pretendemos con estes traballos de concienciación a prol da normalización da lingua galega, que sectores diversos da sociedade galega utilizen a lingua con normalidade, sen prexuizos, facendo da nosa lingua un sinal de identidade tanto a nivel comercial como cultural. Este é o segundo libro que sacamos do prelo e avoga pola normalización do galego no sector vitícola; o primeiro foi “PALABRA DE LEI: Galeguizar Galicia” no que se incidía na normalización da lingua no sector xudicial e no que aparecían xuíces, fiscais e persoal administrativos dos xulgados valorando e concienciando á sociedade de que o traballo en galego é necesario e fundamental para facer País.

Iniciamos este tipo de accións hai 3 anos co MANIFESTO DOS CEN onde dentro da campaña “Colleita 2004:Máis Galega” cen persoas recoñecidas en Galicia apoiaban a rotulación dos viños en galego tal e como preconizaba D. Álvaro de las Casas Blanco que foi unha personalidade senlleira da cultura galega no primeiro tercio do século XX no “Manifesto da U.C.R.A” no ano 1936, no que exhortaba aos colleiteiros do Ribeiro a esmerarse na elaboración dos viños e denunciaba as malas artes dos “matuteiros” que arruinaban a economía da bisbarra.

O libro Palabra da Terra foi presentado xa en Santiago nun acto solemne no Hostal dos Reis Católicos ao que asistiron unha grande representación de colleiteiros e adegueiros de Galicia. Tamén se fixo a súa presentación noutras denominacións de orixe e por iso queremos agora facela na denominación de O ROSAL.

Redactado por Fernando Coello el Miércoles 30 de Agosto de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.