Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Orzamentos 2006 en A Guarda

Lunes 25 de Septiembre de 2006

Nota de prensa do Grupo Municipal Socialista: É necesario que a cidadanía guardesa coñeza, antes de falar dos Orzamentos deste ano, uns poucos pero elocuentes datos de como se administraron os cartos públicos nestes últimos anos no concello de A Guarda.

O ano 2005 perdéronse máis de 600.000 € en subvencións por non contar con Orzamentos a tempo. Daquela o goberno municipal tiña maioría suficiente para aprobalos ó seu debido tempo. No mesmo ano 2005, e por datos que coñecemos agora, o goberno PP-IVBM gastou cerca de 220.000 € que o Concello non tiña, que polo tanto están sen pagar a día de hoxe. Un gasto sen control. Este ano xa se perderon varias subvencións e están en risco outras por valor de máis de 400.000 € se non se aproba axiña o Orzamento do ano 2006. Estes anos de goberno de coalición PP-IVBM poden resumirse en: despilfarro dos cartos públicos, unha absoluta falta de xestión, un empeoramento dos servicios públicos, unha suba desproporcionada de impostos e un distanciamento coa cidadanía. O Grupo Municipal Socialista, en consonancia co que ven manifestando dende hai anos de que por riba de todo está A Guarda e os seus cidadáns, e aínda a pesar de que estes Orzamentos están moi lonxe dos que nos elaboraríamos, vai absterse na votación dos presupostos posibilitando a súa aprobación para: Tratar de evitar que se perdan máis de 400.000 € de subvencións para obras que lle pertencen a este Concello, e que nin sequera son froito da súa xestión. Facer posible o pago a moitos acredores, bastantes deles comerciantes da localidade, que levan moito tempo agardando para cobrar os 220.000 € que gastaron sen control. En definitiva, para evitar que a situación siga a empeorar, que as finanzas municipais cheguen a unha situación de difícil volta atrás e os cidadáns paguen aínda máis as consecuencias do desgoberno. O fácil para o Grupo Municipal Socialista sería votar en contra deste Orzamento. Sen embargo, nun exercicio de responsabilidade e honestidade co pobo de A Guarda, imos absternos. Esixiremos dende xa que o actual grupo de goberno non bote pola borda o noso esforzo, e xestione con dilixencia as subvencións pendentes.

A Guarda, 22 de setembro de 2006

                          Asdo: José Manuel Domínguez Freitas
Redactado por Redacción el Lunes 25 de Septiembre de 2006
Comentarios

Si esto es cierto,es una vergüenza que este ocurriendo no estamos como para rechazar dinero y dejar escapar subenciones del estado .Es que este ayuntamiento no es capaz de un año antes de saber las necesidades que este pueblo necesita.Luego se quejan de que no hay dinero para hacer infrastucturas que el gobierno autonomo no da la pasta actuando asi no me estrañade .Debe ser que es la tecnica que funciona a la hora de echar la culpa al gobierno actual y hacer creer al pueblo que esto es asi y no ver la realidad .Esperemos que en las siguientes eleciones tengamos cambio de gobierno si no mal vamos . un saludo

Enviado por: Tere el Martes 24 de Octubre de 2006 a las 22:38
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.