Abraham de A3SOUND achéganos estas imaxes dos efectos producidos polas causas das choivas desta fin de semán. A auga derrumbou muros, arrastrou coches e chegou a acadar os dous metros de altura por riba do seu cauce normal nalgúns lugares.
Nas Aceñas colleu por sorpresa a duas persoas que durmían dentro dunha caravana que espertaron con auga no interior.
As imaxes foron tomadas no Tamuxe, nas Aceñas, na pesqueira e no Arauxo.
As poboacións máis afectadas foron O Rosal, Tomiño, Tui e Oia.
Redactado por Redacción el
Lunes 23 de Octubre de 2006