Programación de outono da OMIX da Guarda
Jueves 2 de Noviembre de 2006
A OMIX do Concello de A Guarda organiza novos obradoiros e cursos como parte da oferta de actividades para este outono. Así, destacan un curso práctico de inglés, un curso de fotografía e outro de danza do ventre
O programa completo é o seguinte:
OBRADOIRO PRÁCTICO DE INGLÉS:
Horario: luns e mércores de 20:30 a 21:30
Prezo: 12 €
Duración: 30h.
DANZA DO VENTRE:
Horario: xoves de 20:30 a 21:30
Prezo: 12 €
Duración: 20h.
FOTOGRAFÍA:
Horario: martes de 20:00 a 22:00
Prezo: 12 €
Duración: 20h.
Os horarios son orientativos, é dicir hai posibilidade de cambio. As clases impartiranse nas aulas da Escola Obradoiro e comezarán en canto se teña un grupo de participantes.
Para informarse e inscribirse na OMIX do Concello de A Guarda, tlf. 986614546
Redactado por Ioshu el
Jueves 2 de Noviembre de 2006