| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Torneo de futbito “XXV aniversario IES a Sangriña / San Xerome”Jueves 16 de Noviembre de 2006
O Torneo o disputarán 4 equipos: todos eles formados conxuntamente por 6 alumnos/as do IES e 4 do San Xerome. Será a primeira vez que os nosos deportistas compartan equipo con alumnos/as do IES. Carmelo, David, Pablo e María formarán co equipo de 1º Ciclo da ESO; Bruno, Borja, Fabio e Maite co de 2º da ESO; Luis, Jony, Jon e Rosalía co equipo de Bacharelato e Carlos, Pepe, José Ramón e Carmen co equipo de Ciclos formativos. A organización, alineacións dos equipos, arbitraxes, etc. correrá a cargo dos adestradores – voluntarios do Club deportivo San Xerome: Amalio, Salinas, Pacheco, Mario, Moisés, Camilo … Trátase dunha nova actividade festivo – deportiva, enmarcada na cooperación iniciada fai anos entre estas duas institucións e co obxectivo de fomentar a integración social das persoas con discapacidade a través do ocio e o deporte. Desta cooperación destacan as actividades conxuntas de rafting, carreiras de orientación, a participación nas viaxes a Andorra, ou en programas europeos coas viaxes a Madrid, Grecia e a que terá lugar no próximo mes de febreiro a Italia, no que participarán 3 persoas con discapacidade, xunto con alumnos do resto dos Centros educativos da Guarda. Máis imaxes en http://sanxerome.com/fotos Redactado por Ioshu el Jueves 16 de Noviembre de 2006Comentarios
Comentar este artículo
|