Debate sobre a subida das taxas para o ano 2007
Viernes 10 de Noviembre de 2006
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
Mañá, sábado, debátese en Pleno a subida de taxas para o ano 2007 no Concello da Guarda. A proposta do equipo de goberno é que as taxas experimenten unha subida anual do 3.9 %, que é a previsión de incremento do IPC.
O Grupo Municipal Socialista vai apoiar este incremento en tódalas taxas solicitadas, excepto na da auga.
A razón que nos leva a estar en contra desta subida e que consideramos, como xa dixemos no seu momento, que esta é unha taxa inxusta.
A política levada a cabo durante os últimos anos polo goberno de PP-IVBM consistiu única e exclusivamente en ir producindo incrementos desproporcionados desta taxa ata chegar ao 2004, onde se produciu unha suba do 125% sen que en ningún momento se abordara o problema de fondo, que non é outro que: “que paguen a auga todos os que a consumen”.
Ó longo de todos estes anos o Grupo Municipal Socialista ven denunciando a diferencia que se produce entre a cantidade de auga que se consume e a que realmente se cobra. Póndose de manifesto que existen moitos cidadáns que non están dados de alta no padrón da auga, o que provoca que solo unha parte da cidadanía teña que soportar o custo deste servicio.
Instamos ao grupo de goberno a que realice unha política de universalización do pago da auga. Se tódolos contribuíntes cumpriran ca súa obriga, seguramente non houbera sido preciso o incremento do 125% antes mencionado, nin sequera o incremento do IPC que se propón este ano.
Redactado por Redacción el
Viernes 10 de Noviembre de 2006