Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

'abaco' presenta sua campaña de Nadal

Jueves 14 de Diciembre de 2006

Onte tivo lugar a presentación da Campaña de Nadal de ‘ábaco’ nas galerías da Praza Nova. O obxectivo da campaña é crear ambiente nas ruas para animar á xente e darlle motivos para sair. Os encargados da presentación foron José Gándara (Presidente) e- Ángel Baz (Vicepresidente) coa colaboura de Fernando Coello, (Vocal e encargado das relacións cos medios).

Os efectos da campaña do ano pasado foron tan positivos, que duplicamos o número de socios nun ano polo que aumentamnos nun 20% o presuposto do ano pasado.

Detalles da Campaña Nadal ‘ábaco’ 2007: O centro de todo son as galerías da Praza Nova un lugar céntrico onde estará Papa Noel e un boneco de neve xigante onde os nenos entregarán suas tarxetas de Nadal pintadas, recibirán todos un agasallo sorpresa e participaran no sorteo dunha consola, unha cámara de fotos dixital e un MP4.

A primeiros de decembro publicamos as bases para o concurso de Beléns. O prazo de entrega remata o día 19 haberá tamén premios para o 1º, 2º y 3º clasificado. os traballos participantes estaran expostos nas galerías.

Os días 22 e 23 de decembro a partir das 5 da tarde teremos a Papé Noel nas galerías e os nenos poderán entregar suas postais de Nadal pintadas e haberá agasallos para todos.

Eses días Papá Noel percorrerá as ruas da Guarda nunha carroza.

O día 22 estregaránse os premios ós gañadores do Concurso de Beléns.

En datas próximas tamén estará en todos os establecimentos de ‘ábaco’ o noso Calendario 2007 felicitando as festas ós nosos clientes e amigos nesta ocasión imos triplicar a tirada, pola boa acollida que tivo o anterior e por ter duplicado o número de socios.

O 5 de xaneiro xunto co Concello da Guarda organizaremos a Cabalgata de Reis que será distinta ó que se viña facendo estes últimos anos, haberá centos de regalos que se irán repartindo ó publico polas ruas poals que pase a Cabalgata.

Redactado por Redacción el Jueves 14 de Diciembre de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.