Tala nas inmediacións do CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Jueves 14 de Diciembre de 2006
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA.
É coñecida por tódolos membros da Corporación a situación do centro de ensino Manuel Rodríguez Sinde, na faldra do monte a escasos metros dunha masa de árbores formada, principalmente, por eucaliptos de gran altura.
Esta circunstancia fai que ese recinto escolar estea en situación de risco no que a un incendio forestal na zona se refire, cas graves consecuencias que isto podería ter e das que se derivarían responsabilidades cara ao alcalde e o seu equipo de goberno.

Ter cerca e nun nivel moi por riba do patio estas árbores tan altas fai tamén que o colexio sexa un lugar moi húmido e sombrío, en inverno moitos días aínda que estea claro, non chega a dar o sol no patio de recreo.
Estas últimas semanas, cos temporais que estamos a padecer, existe o perigo de caída de árbores que moi facilmente podería producirse cara ao interior do recinto escolar.
Por todo o exposto propoñemos que o pleno da Corporación tome o seguintes acordos:
Xestionar a tala da masa forestal no perímetro do CEIP Manuel Rodríguez Sinde co obxecto de establecer unha banda de seguridade que protexa ao colexio dos perigos antes mencionados e faga deste recinto un sitio máis seco e luminoso.
Comprometerse ao mantemento desta banda de seguridade no futuro.
Redactado por Redacción el
Jueves 14 de Diciembre de 2006