Cabalgata de Reis
Viernes 29 de Diciembre de 2006
O próximo 5 de xaneiro ás 5 da tarde sairá do Porta da Guarda a Cabalgata dos Reis magos organizada por ‘ábaco’ e o concello da Guarda. Durante a cabalgata iranse repartindo agasallos entre os nenos.
Percorrido:
- Saida do Porto
- Concepción Arenal
- Alameda
- Rua de Galicia
- Vicente Sobrino
- Praza do Reló
Redactado por Redacción el
Viernes 29 de Diciembre de 2006
ai que faer unha cabalgata mais grande
Para Cabalgatas de Reises as que orgaizaba nos anos 60, Luis Cadilla González. Endexamáis se fixo na Guarda algo que as superase, ainda que tamén tiñan seu indiscutible mérito as que orgaizaron Luis Alberto Franco Lomba (Berto) e Juan Alvarez Sobrino (Nito) nos anos 80-90.
Hoxendía en que indubidablemente hai máis medios, non se entende como non existe unha Comisión Orgaizadora da Cabalgatas de Reises, que cos apoios pertinentes (Concello de A Guarda, Asociacións de Comerciantes e outros colectivos), se ocupe de artellar unha Cabalgata de Reises para tódolos nenos e maiores, de A Guarda e pobos veciños, e dese xeito contribuir a "disuadir" a que algunhas persoas se despracen a outros lugares para ollar as SS. MM. os Reises Magos.
Que 2007 sexa un ano de concordia, solidariedade e iniciativas de progreso.
Ferriños.
Non estou de acordo co seu comentario, xa que a cabalgata deste ano non se quixo comparar en ningún momento coa dos anos 60, pero hai que deixar claro que foi polo interese da asociación 'ábaco' por manter esta tradición. Non se pode facer un comentario deste tipo sen antes ver o resultado. Ademais, o tempo e o apoio do que dispuxo a asociación para realizalo foi moi pouco, moi escaso. Deixo claro que non son da asoación, pero sei o traballo que fixeron durante todo o Nadal.
Cando Ferriños relembra as Cabalgatas de Reises dos anos 60 e tamén dos 80-90, do século precedente, non tenta facer ningunha comparativa. Non era ese seu propósito, senón evocar unhas Cabalgatas que a Ferriños lle deixaron moi boas lembranzas.
O comentario de Ferriños - por si alguén ainda non se decatou - ía como opinión - non como comparación- o comentario dunha persoa, que entende - e cito literalmente - que "ai que facer unha cabalgata mais grande".
Se alguén pudo sentirse ofendido/a coa opinión de Ferriños, prégolle humildemente mil disculpas. Reitero: a ideia de Ferriños, non é de molestar a ninguén - e moitos menos a unha dígnisima entidade como é a Asociación Ábaco -, senón propor a creación dunha Comisión Orgaizadora da Cabalgata de Reises, que cos apoios necesarios poida levar a bó termo unha Cabalgata que incentive a participación de guardeses e visitantes, e o mesmo tempo - se é posible - contribuia a "disuadir" que algunhas persoas vaian olla-la chegada das SS.MM. a outro lugar.
Cos meus respectos María, Ferriños apoia e apoiará tódalas iniciativas que sexan boas para o pobo de A Guarda. A Cabalgata de Reises que orgaizou a Asociación Ábaco coa colaboura - entre outras - do Concello de A Guarda, é unha boa iniciativa e ninguén dubida do traballo que supón leva-la a cabo.
Saúde.
Ferriños