Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O San Xerome en Europa

Martes 16 de Enero de 2007

Este mércores dia 17 de xaneiro, dous profesionais do Centro San Xerome: Isabel Pazo e Víctor A. Fuggetto, desplazaranse a cidade inglesa de Nottinghan, para participar na visita preparatoria da acción Comenius 1, do Programa europeo “Sócrates”.

Nesta primeira reunión de traballo, que terá lugar no Centro de Educación Especial “Shepherd School” da citada cidade inglesa, participarán ademáis dos profesionais do noso Centro e os anfitrións de Nottinghan, especialistas de Polonia, Finlandia e Francia. Ó longo de 2 dias de traballo tratarase de delimitar unha acción conxunta a levar a cabo nos próximos anos, dentro do programa europeo de intercambio educativo “Sócrates”.

Xerock (“Música e discapacidade”), e “Equitación terapeútica” serán duas propostas dos nosos profesionais, que debatirán xunto co resto dos paises cual será a iniciativa a desenrolar. O proxecto maioritario traballarase conxuntamente nos próximos anos nos Centros de educación especial dos paises citados: Inglaterra, Polonia, Francia, Francia e Galicia. A próxima semana informaremos ampliamente dos resultados desta primeira reunión de traballo, que estamos seguros vai revertir de xeito moi directo no futuro do noso Centro.

A vertente máis combativa e reivindicativa do rock and roll, será debatida durante dous dias en Nottinghan (England). Isabel Pazo e Víctor A. Fuggetto, serán os encargados de defender a proposta: Xerock “Música e discapacidade” Fotografía: Xerock, na Sala NASA de Santiago o pasado mes de Decembro.

Redactado por Redacción el Martes 16 de Enero de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.