Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Anulación por parte do TSXG de 21 licencias urbanísticas de vivendas unifamiliares.

Viernes 19 de Enero de 2007

PSdeG - PSOEEn relación coas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre as 21 licencias de vivendas unifamiliares outorgadas dende o ano 1999 ata o 2001 , sobre as consecuencias que delas poden derivarse e tamén sobre distintas opinións que teñen aparecido nos medios de comunicación, o Grupo Municipal Socialista manifesta:

a) O urbanismo do Concello da Guarda réxese polo Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado no ano 1993 e que foi modificado no ano 1997. Tanto na aprobación como na modificación a última palabra tena a Xunta de Galicia (Consellería de Política Territorial) que lle da, ou non, a aprobación definitiva. No noso caso, deulla. b) Ese P.X.O.U. do ano 93 contén unha ordenanza nº 14, referida ó chan de interese paisaxística, gracias á cal se outorgaron as 21 licencias. Este chan está radicado na estrada de Circunvalación, entre a Curva dos Muíños e A Cruzada e despois da Curva das Loucenzas ata o linde co Rosal, en ámbolos casos pola banda do mar. c) A ordenanza 14 permitía , cunhas importantes limitacións, conceder licencias de vivendas unifamiliares. Tres equipos de goberno municipais distintos, dos que formaron parte concelleiros e concelleiras do PP, PSdeG-PSOE, BNG, EU-IU e IvdoBM, concederon licencias entre o 1999 e 2001. d) Ditas licencias estaban avaladas, en tódolos casos, polos preceptivos informes de Secretaría e Técnico Municipal de Urbanismo. Cando menos, dúas secretarias distintas e dous técnicos de urbanismo déronlle o visto bo a esas licencias. e) Con informes favorables de secretaría e urbanismo non pode nunca un goberno xusto e legal negarlle licencia municipal. Facelo sería caer nunha prevaricación de libro. f) Urbanismo da Xunta non fixo nada para impedir que houbera ordenanza 14 no ano 93 e no 97 e tampouco fixo nada cando ó longo do 99, 00 e 01 se lle remitían as resolucións das licencias concedidas. Resulta lóxico deducir que tamén para eles estaba todo correcto. g) Non é ata novembro do 2001 cando o Concello recibe unha notificación da Xunta dicíndolle que non outorguen máis licencias e que paralicen as que están obras que están en curso.
h) A Xunta emprende 21 procedementos contencioso-administrativos contra o Concello en Pontevedra, dos cales 14 fállanse a favor da Xunta e 7 a favor do Concello, o que da pé a pensar que o asunto non estaba tan claro. i) En días pasados, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia , a onde se apelou, declara a nulidade das licencias outorgadas. j) O Grupo Municipal Socialista , xa o manifestou en días anteriores, acata pero non comparte a resolución xudicial. Así mesmo, afirmamos que existe unha clara corresponsabilidade en todo este asunto por parte da Xunta de Galicia sustentada polo Partido Popular, xa que primeiro permitiu e logo denunciou. k) O Grupo Municipal Socialista asume sempre as responsabilidades municipais, en goberno e en oposición. Tamén neste asunto no que estivemos en tódalas reunións convocadas ó efecto e expresando, a diferencia doutros, os nosos pareceres. l) Defendemos un urbanismo respectuoso co medio ambiente, cousa non incompatible coa solución ó problema plantexado. E aparte dos esforzos por ter no futuro un urbanismo sustentable e respectuoso co medio ambiente e o patrimonio, faremos no presente tódolos esforzos posibles para que as persoas afectadas pola sentencia poidan, se é posible, vivir onde libremente, e de acordo coa lei, tiñan determinado facelo. m) É de xustiza afirmar que tódolos veciños afectados contaban coa preceptiva licencia municipal de obra dada polo Concello, co convencemento dos distintos gobernos municipais de que cumprían escrupulosamente coa lei. No é xusto por tanto facer insinuacións nos medios de comunicación, onde se tenta relacionar estas vivendas unifamiliares cunha especulación urbanística salvaxe.

                                         A Guarda, 18 de xaneiro de 2001
Redactado por Grupo Municipal Socialista el Viernes 19 de Enero de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.