Situación perigosa na pista de 'Skate'
Martes 6 de Febrero de 2007
O Grupo de Goberno do Concello da Guarda fai caso omiso de moitos dos rogos e preguntas plantexados nos plenos polos guardeses, dos que nos, os membros do Grupo Municipal Socialista, simplemente nos facemos eco.
No pleno do mes de xaneiro, atendendo unha demanda de cidadáns usuarios da zona de esparcemento que hai no entorno da atalaia pediámoslles: que recolleran da pista de skate os restos dunha rampla que estaba tirada no medio de dita pista con puntas sobresaíndo das madeiras, polo perigo que representaba. Vendo, como se pode constatar nas fotos adxuntas, que a situación, moi lonxe de mellorar, empeorou moito. Solicitamos que o pleno do Concello adopte o seguinte acordo:
O Concello da Guarda comprométese a enviar, como máis tarde, o próximo luns día 12 de febreiro a primeira hora da mañá ós funcionarios e medios que foran precisos a zona da pista de ‘skate’ e parque da Atalaia para recoller todo o escombro que alí hai e reparar o mobiliario para que deixe de representar un perigo para os usuarios daquelas instalacións.
A Guarda a 04 de febreiro de 2006
Polo Grupo Municipal Socialista
Fotografías correspondentes ao día 5 de febreiro de 2007



Redactado por Redacción el
Martes 6 de Febrero de 2007