Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

IV Festival Taiña en Goián o 17 de febreiro

Viernes 9 de Febrero de 2007

O Festival Taiña é un acontecimento musical xurdido no povo de Goián (O Baixo Miño) e que se realiza todos os anos no dia do sábado de antroido como complemento xuvenil as tradicionais festas de antroido de Goián que se celebran o domingo, luns e martes de antroido. A oferta de música de distintos estilos, co predominio da musica galega e en galego, de calidade e gratuita nunhas datas non habitais pero si propicias para a troula e a ledicia fan apetecible a asistencia a este evento.

Será a cuarta edición deste evento que pretende consolidarse no panorama musical galego dos concertos de inverno e que conta cunha extraordianaria evolución positiva en canto a recursos, orzamento e asistencia chegando asituarse nunhas 2000 persoas que visitaron o Festival Taiña 2006,

Onde e cando terá lugar o Festival Taiña?

O Festival Taiña 2007 terá lugar o sábado 17 de Febreiro de 2007, na praza da Igrexa de Goián, a partires das 23:00h. O recinto contará con carpa e a entrada é gratuita.

Quen organiza o Festival Taiña?

O Festival Taiña organízao a Asociación Xuvenil Taiña. Este colectivo fundouse en novembro de 2003 por un grupo de mozos e mozas do povo de Goián e arredores. Entre os obxectivos que se marcou a Asociación Xuvenil Taiña desde que se fundou cabe sinalar a recuperación e promoción de tradicións e costumes da zona. Nese sentido, a asociación ten recuperado a festa de San Xoán que tiña desaparecido en Goián hai anos. Tamén organiza o tradicional Magosto e unha Cabalgata de Reis, unha Feira do Libro no Dia das Letras Galegas, entre outras actividades sociais e culturais. Como acto máis importante, a asociación marcouse desde o inicio como obxectivo a realización dun festival musical no sábado de antroido para poder contribuir as tradicionais festas do antroido de Goián cun dia máis de festa desde un punto de vista xuvenil.

Quen actúa no Festival Taiña 07?

Este ano a organización fixo un esforzo por ampliar e consolidar o Festival Taiña. Nesta cuarta edición, o Festival Taiña trae imoportantes novidades e contará cunha oferta musical variada como ven sendo habitual neste concerto. Actuará en primeiro lugar FESTICULTORES TROUPE, grupo de música balcánica e xitana fusionada con outros estilos como reggae, ska, musica electrónica, etc. A continuación saltará ao escenario BANDA POTENKIM, un recente proxecto musical de ritmos afro-caribeños constituido por ex-compoñentes de Papaqueixos, Diplomáticos, 3 Trebons, etc. Por ultimo, rematará a festa o colectivo hip-hop DIOS KE TE CREW, banda creada en Ordes de recoñecido prestixio internacional que virá acompañada dun grupo de graffiteiros e breakers. Todo este evento estará presentado, coordinado e entrelazado por TOÑITO DE POI, actor, músico, colaborador da TVG e excompoñente de Heredeiros da Crus.

Quen colabora co Festival Taiña 07?

A Asociación Xuvenil Taiña ten que agradecer expresamente o apoio mostrado pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade por ter apoiado este proxecto musical, pois sen a súa colaboración sería imposible dar o avance loxistico e organizativo que se lle deu ao Festival Taiña. Asimesmo agradecemos a Comisión das Festas do Antroido de Goián o apoio e consideración mostrada en todo momento e ao Concello de Tomiño pola súa colaboración. Por último, é de agradecer todos os nosos colaboradores publicitarios, empresas e comercios de Goián que mostraron unha desinterasada colaboración económica.

Onde se pode recoller máis información?

Para unha información máis completa podese consultar a web oficial do Festival Taiña, www.festivaltaina.com, ou chamar aos tlfns 659029063 (Guillerme) / 649436343 (Hugo)

Goián, Febreiro de 2007

Redactado por Satoko el Viernes 9 de Febrero de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.