Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Plan Xeral e convenio cos propietarios das fincas dos Xesuitas

Martes 6 de Marzo de 2007

PSdeG - PSOEDende hai uns meses foi recibido no Concello o borrador do Plan Xeral, co fin de que os distintos grupos políticos aportasen as suxerencias que consideren oportunas para tentar melloralo antes da súa aprobación inicial por parte da Corporación Municipal.

O Grupo Municipal Socialista ven mantendo unha serie de reunións co equipo redactor, nas cales lles vimos indicando cales son, na nosa opinión, as eivas máis importantes que contén o borrador do documento esperando que sexan tidas en conta.

Ata agora os grandes temas abordados foron o exceso de chan urbanizable, a problemática dos núcleos rurais e as necesarias reservas de chan para dotacións (escolares, deportivas, de vivendas sociais, etc) moi fundamentalmenta na zona da Sangriña.

Relacionado tamén co futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Grupo Municipal Socialista mantivo ata o día de hoxe varias reunións na Casa do Concello coa mercantil Valery Karpin, S.L. propietarios das fincas dos xesuitas na Pasaxe. Esta promotora presentou hai algún tempo un borrador de convenio que pretende sexa aprobado polo Pleno da Corporación, para a súa inclusión no futuro Plan Xeral, e que fai referencia á rehabilitación do antiguo colexio e á urbanización, mediante a figura dunha área de reparto, das outras duas fincas da súa propiedade.

O convenio presentado por Valery Karpin, S.L. facía unha oferta económica ó Concello destinada á construcción dun complexo lúdico deportivo na finca situada detrás do edificio da Marina. Dada a dificultade que tiñamos de poder valorar se a oferta presentada era equilibrada, o Grupo Municipal Socilista presentou por Rexistro unha solicitude para que dende o Concello se encargaran dous informes externos a profesionais de prestixio, que valoraran tanto a cuantía económica como a legalidade da obra pretendida.

A conclusión de ditos informes é, por un lado, que as obras pretendidas son perfectamente legais e por outro, que a oferta económica inicial da promotora para o pobo da Guarda é notablemente mellorable. Nas reunións que levamos mantido coa promotora na Casa do Concello, así lles foi plantexado ós promotores, sendo a súa oferta ó día de hoxe moi superior a oferta inicial.

O Grupo Municipal Socilista como solicitante dos informes aludidos, e coa pretensión de acadar o maior beneficio para o pobo de A Guarda, esperamos que en vindeiras reunións esta proposta de convenio reúna as condicións necesarias que merezan o noso respaldo.

Redactado por Redacción el Martes 6 de Marzo de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.